Homenaxe a Siro
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e a Facultade de CC da Comunicación da USC ofrecerán unha homenaxe ao humorista gráfico, ilustrador, debuxante, caricaturista, xornalista de La Voz de Galicia, escritor dramático, ensaísta, conferenciante, pintor e tantas outras cousas… Siro López Lorenzo pola súa traxectoria profesional o día 24 de xaneiro, xoves, no Auditorio da Facultade de CC da Comunicación en Santiago. O acto comezará ás 12 horas e será presentado polo decano do CPXG, Xosé Manuel Vega Gómez. Entre os asistentes estarán os xornalistas Xosé Luis Vilela, Xosé Luís Barreiro Rivas, Bieito Rubido , Xulia Díaz , Miguel Túñez (decano da Facultade de Ciencias da Comunicación) e os humoristas gráficos Pinto & Chinto que farán unha pequena achega á traxectoria do noso admirado Siro. Ademais, haberá unha actuación da cantante Manuela e do grupo Corre Carmela que chove. A entrada a esta merecida homenaxe a un dos nosos clásicos será libre.