Galiciantunes

Beizóns! Eis unha estratexia intelixente para promover a música galega polo mundo adiante. Non estaría de máis que se emulase a estratexia para vender tamén a literatura e o libro galego.
Navegando na páxina (posúe un deseño contundente e atractivo) noto que na elección dos 50 temas representativos da música galega hai algunhas ausencias clamorosas, especialmente as de Milladoiro e Carlos Núñez (hoxe os dous primeiros embaixadores da música de noso polo mundo adiante). Supoño que haberá razóns que expliquen tan incomprensible omisión.
4 comentarios
  1. R.R.
    R.R. Dice:

    Pois é unha boa idea, si señor. O de Milladoiro e Carlos Núñez supoño -por supoñer- que ten que ver con problemas de dereitos de autor, e sobre a páxina teño unha dúbida. ¿Por que non pode verse tamén en galego?

  2. Pablo
    Pablo Dice:

    Supoño que a páxina está feita para promocionar a música galega no exterior. Para promocionala en Galicia xa hai, ou debería haber, outras vías.
    Será que Carlos Núñez non quixo ceder os dereitos dunha cancionciña de nada para esta causa?

  3. R.R.
    R.R. Dice:

    O de Carlos Núñez e Milladoiro xa dixen que é un supoler meu, máis nada, así é que dalle pouco crédito, Pablo.

    Ó caso: digo eu que a música galega, por desgracia, necesita tamén promoción dentro do país -eu incluído- así que, logo de facer o traballo, ¿por que non tamén en galego?

    Saúdos

Los comentarios están desactivados.