Foro das 21 alocucións
O Foro das 21 alocucións“, unha homenaxe ao poeta Lorenzo Varela que se celebrará en Monterroso na vindeira fin de semana. A iniciativa dos actos correspondeu ao alcalde monterrosino, Antonio Gato Soengas, e a unha comisión organizadora animada, entre outros, polo profesor Xesús Alonso Montero, Xosé Gregorio Ferreiro Fente e Fernando Salgado García, os máis importantes biógrafos e coñecedores da figura do poeta de Fufín. Quizais o acto máis importante das dúas xornadas será, o previsto para o mediodía do sábado 24, as vinte e unha alocucións que diferentes persoas farán durante catro minutos sobre a vida e a obra de Lorenzo Varela. A homenaxe será inaugurada o venres pola Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo e clausurada o sábado polo Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. Un peche importante das celebracións que ao longo deste ano se lle renderon ao grande poeta do exilio.
Esta semana preparamos varios materiais impresos (entre eles unha antoloxía de verso e prosa) para o que será “