Final en Fisterra
A primeiros de abril aparecerá Final en Fisterra, o seu terceiro volume de memorias (máis de catrocentas páxinas en galego e castelán) centrado na súa acción de goberno durante dezaseis anos.
A primeiros de abril aparecerá Final en Fisterra, o seu terceiro volume de memorias (máis de catrocentas páxinas en galego e castelán) centrado na súa acción de goberno durante dezaseis anos.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Agrada que sexa unha pequena editorial sen moito prestixio e bastante oportunista que publique este libro de Fraga.
Aó faltaba que unha das grandes editoriais galegas o presentase.
Manuel Fraga, e a tenor dos últimos comentarios que ten feito sobre o 23 F e tantos outros. Revela o seu caracter autoritario. Antigalego, puramente folklorico. Manuel Fraga firmou sentencias de morte porqué olvidar as súas victimas?. agora que estamos xustamente a recordar? Manuel Fraga compraciase en afirmar que a rúa era súa e con mortos no asfalto.
Manuel Fraga é para moitos un personaxe odiado. E a pesar de toda a baselina que os politicos do pais lle están a botar non teñen porque nos calar. Amais xa se vé como lles paga, logo da grande despedida que coa que o agasallaron no parlamento, con aquelas declaración tan democraticas sobre o 23 f.
Que Manuel Fraga non volte mais a Galiza é o que desexo.
Hai un dato, este señor adicouse a censurar durante o franquismo a escritores galegos como Blanco Amor, e logo na democracia pretendía pretendeu e ate en algún caso conseguiu presidir congresos sobre estes mesmos escritores.
Verdadeiramente mais que un honor para unha editorial galega editar a este señor é unha vergonza.
Mais sinvergonzas hai moitos! tamén é certo.
A biografía é só dos 16 anos de Goberno? Quizais a amnesia lle impida recordar os anteriores fronte ó Ministerio de Información e Turismo. Un sáudo
Agarda que ainda vai publicar máis, ten tempo de sobra, non pensa morrer….