Feira do libro da Coruña
O luns comeza a Feira do Libro da Coruña. O programa desta ano é moi atractivo e, quizais, o máis denso de actos dos últimos anos. Ademais das presentacións (case dúas cada día) e asinaturas, este ano destaca, o día 8 de agosto, a realización en directo do programa El ojo crítico de Radio Nacional. Mágoa que os medios públicos galegos non emulasen esta iniciativa. A presenza dos medios de comunicación nas feiras do libro é unha das vías máis interesantes para a súa promoción. Agardo que esta vía vaia consolidándose en futuras edicións e noutras localidades.
Grazas por conducirnos até o programa da “Feira do Libro” antes de ir á propia Feira. Os contidos son, mais ou menos, os de sempre: o “star-system” da nosa literatura, de presenza obrigada, e logo algunhas desas presentacións tipicamente coruñesas, do tipo “Galeones y naufragios en la Coruña del siglo XVII”. Boto en falta algo de imaxinación, aínda que recoñezo que o mes de agosto non debe ser o mellor para organizar cousas destas. Un exercicio sempre útil é o de reparar en que librerías participan na Feira e cales non, combinado con ese tan divertido de descubrir que hai librerías que parecen existir tan só durante as Feiras.
When your debt is cancelled by bank the government takes it to mean that you earned money from the short sale process. The IRS records the amount forgiven on a short sale as part of the seller income. But it can be avoided. This article presents a quick guide to deal with short sale home taxes.