Faleceu Manuel Riveiro Loureiro
Sabía que Manuel Riveiro Loureiro estaba triste. Hoxe deixounos. Coa súa ausencia quedamos tristes e desconcertados. Manuel foi un escritor autodidacta, narrador fecundo da vida e un autor dramático notable. O vídeo gravado o pasado mes de decembro é hoxe un documento emocionante, apostando pola esperanza da chega da terceira República. Sempre recordarei a cordialidade e lealtade que mantivo comigo, a pesar de que nunca lle publiquei ningunha obra. Un home dunha peza. Con todos os abrazos.
Un home comprometido, cunha grande enerxía para traballar polas causas colectivas. Dencanse en paz.
Moi sentidas condolencias a familiares e amigos.