Exiliados
Exiliados, o especial das Letras 2005 de Culturagalega.org é cousa bonita. O traballo de Manuel Gago e os seus compañeiros é modélico. Xa anuncia Diásporas, a exposición comisariada por Carlos López Bernárdez, que será inaugurada no Marco o vindeiro día 20.
Afortunadamente, unha das mellores cousas das Letras son estes especiais dixitais. Xa sinalara a miña admiración polo de Vieiros. Mais tamén hai unhas cantas páxinas de centros educativos que, a pesar de contar con menos medios, merecen ser salientadas polo seu esforzo; velaí as do IES Monte Carrasco, do IES As Lagoas, da Universidade da Coruña ou a de Edugaliza. Unha cestiña de mazás para cada unha delas.

Obrigado polo teu comentario no meu roteiro Falabarato. Un saúdo. Xosé.
O das Lagoas ten detrás un bo par de boas pezas, sobre todo unha delas, apaixonado informático vocacional e bo amigo.
Pois ben se notan esas pezas. Xa este é un traballo de anos.
Caro Manolo, entre os teus links aparece GALICIA CONFIDENCIAL //www.galiciaconfidencial.com . A que editorial ou grupo, ou persoa pertence? Que liña editorial segue? Obrigada
Pois verdadeiramente non sei quen son. É un auténtico confidencial. Se o vas seguindo, comprobarás que manexan información de fontes claras (ou iso é o que a min me parece). Na crise de Beiras e na conformación das listas dos tres partidos, case acertaron de cheo. Non sabería dicirche outra cousas. Quizais alguén mellor informado ca min.