Esperanza

O meu amigo Valadés, sempre tan oportuno, envía por correo electrónico esta mañá un texto de Eduardo Galeano sobre a esperanza:

… para min, a esperanza é unha cousa que teño cando me esperto, que perdo no almorzo, que recupero cando recibo o sol na rúa e que, logo de camiñar un intre, vólvelleme caer por algún buraco do peto. E dígome: “Onde quedou a esperanza?”. E búscoa e non a encontro. E entón, aguzando o oído, escóitoa aí, croando como un sapiño minúsculo, chamándome desde todos os pastos.
Téñoa, vólvoa perder. Ás veces durmo con ela e ás veces durmo só. Pero eu nunca tiven unha esperanza de receita, comprada nunha tenda de corte e confección, unha esperanza dogmática. É unha esperanza viva e, polo tanto, non só está a salvo da dúbida, senón que se alimenta da dúbida.

2 comentarios
  1. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Si, home, si, a esperanza do Galeano segue a ser “fagamos un, dous, tres Vietnam” do Che.

    Pasan os anos, pasan as décadas, cae o Muro de Berlín, descúbrese definitivamente a tremenda impostura do comunismo,… e este Galeano segue a defender o que, hoxe, é xa totalmente indefendible: a ditadura castrista sobre o pobo cubano.

    Fronte a estas “esperanzas”, eu prefiro a “desesperanza” lúcida e combativa contra todo tipo de ditaduras. Contra todas… non só contra algunhas.

    Ademais, é un escritor mediocre este Galeano. Por certo, de gran éxito entre esquerdistas baratos occidentais que viven como deus no primeiro mundo.

    Unha esquerda auténtica, verdadeira e democrática, ten que deixarse xa de tantos mitos nefastos para o progreso da humanidade.

Los comentarios están desactivados.