Entrevista a Camilo Franco: o teatro galego esqueceu a taquilla
Interesante esta entrevista a Camilo Franco, pregoeiro da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Camilo atina de cheo cando fala do divorcio entre o teatro galego e o seu público, tanto por formar parte do “sistema cultural galego” (que padece a mesma doenza). Atina, outra volta, Camilo cando afirma que “o teatro galego esqueceu a súa relación coa taquilla”. Unha reflexión que non debemos obviar os editores, xa que no eido literario, o papel dos lectores e lectoras é tamén central.
Etiquetas: Camilo_Franco
O que di Camilo Franco equivale ao do “rei vai espido”. Os que asistimos aos espectáculos teatrais galegos desde hai máis de vintecinco anos facemos sempre a mesma reflexión: é vox populi pero en baixo. Ata que un colle o altofalante e di o que todos pensan non acada o eco necesario.
Pero cuidado, porque como é Camilo Franco quen o di tamén pode pasar por boutade de enfant terrible. E sería tráxico, porque ten máis razón ca un santo, ou sexa o san Espectadordeteatrogalego.