Hai un ano no día de hoxe publicabamos unha anotación sobre o control da calidade na revisión de estilo dos orixinais e na corrección de probas con excelencia e eficacia. Mágoa que aínda non estea en marcha ese posible selo oficial de control de calidade no tratamento dos textos ao que faciamos referencia. Esta cuestión segue sendo unha das cuestións a mellorar no noso traballo.
Hai dous anos dabamos conta da aparición doAlmanaque ZZ 2005, o título de maior tiraxe anual da edición en galego (sobre uns 90.000 exemplares), que, porén, ao non tratarse dunha edición non venal non computa nas estatísticas da nosa edición. Hai uns meses, cando estivemos na homenaxe a Lorca en Lugo, mercamos nas casetas do san Froilán a edición d’ O gaiteiro de Lugo. Os almanaques agrícolas, a pesar da crise do modelo de vida rural tradicional, continúan vivos.
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2018/09/logobr2-2.png00bretemashttps://bretemas.gal/wp-content/uploads/2018/09/logobr2-2.pngbretemas2007-01-26 17:38:002007-01-26 17:38:00En Brétemas hai un ano, hai dous anos… (II)