Discreción
Este home case se enteira de todo. O que publica hoxe demostra que ten moita razón María, a quen onte lle oín dicir nunha entrevista, que lle fixeron na radio a raíz da aparición deste blog: “os blogueiros non poden ser persoas que deban gardar discreción”.
María: entón, que debo facer eu (non me quero comparar co MHP, madia leva!)?: abandonar a miña profesión ou deixar de escribir as brétemas?
María: entón, que debo facer eu (non me quero comparar co MHP, madia leva!)?: abandonar a miña profesión ou deixar de escribir as brétemas?
Faga vostede como guste, que para iso é libre.
E despois que fago eu sen a miña ración diaria de bretemas
tardepiaches
🙂
o que non debe facer é como todonada, que hai 36 días que non actualiza. :((, :((
Manter aberto un blog, renovar periodicamente as súas entradas, observar como moitas veces ninguén presta atención nin interacciona mandando mensaxes, ten que ser un labor árduo, cansino e pouco gratificante.
De aí que moitos rematen por pechar ou por adiar a renovación das súas entradas.
En Galicia hai bastantes blogs, pero a maioría carecen do suficiente interés como para visitalos semanalmente e, menos aínda, para pensar en teclear un comentario.
Está a pensar o titular deste blog en abandonalo?
(Continúa de antes)
Para comprobar se as miñas opinións estaban fundamentadas, acabo de perder (esta é a palabra precisa!) unha hora botándolle unha visual aos blogs galegos que recomenda Brétemas.
O resultado é desolador. Poucos hai que estean ao día (algúns levan meses sen renovar), outros teñen un rollo moi aburrido, sen interés. A participación nos comentarios é moi escasa, e as opinións verquidas moi breves e de pouca substancia. Case ninguén ten algo interesante que dicir.
En definitiva, un páramo total. Moitos deberían pechar o seu quiosco, e moitos deberiamos dedicar o tempo a outra cousa máis produtiva antes que andar a ver, inutilmente, se hai algo interesante.
Pola miña parte, fago propósito de emenda: vou agora a ler un pouco ou a ver un DVD.
Non estou pensando en abandonar as brétemas, non. O meu comentario ía máis ben para reflexionar sobre o tema da discreción nos blogs da que falaba María. Noutras palabras, lamento que algunhas veces debo gardar discreción sobre informacións das que dispoño por razóns profesionais. Xa me ten sucedido nestas brétemas que teño adiantado algunha información e logo me teño arrepentido de facelo. A miña intención é seguir, mentres teña algo coherente que dicir. É unha das tarefas máis satisfactorias das que fago e unha fonte importante de aprendizaxe e reflexión.
Anónimo: é certo que o interese e a actualización dos blos é moi desigual. Con todo, asegúrolle que hai bastante máis dunha ducia deles que merecen seguimento (canto menos esa é a miña humilde experiencia). Outra cousa a considerar é o enfoque e os intereses temáticos de cad aun deles, onde cadaquén ten as súas preferencias e afinidades. Obrigado pola súa visita e os seus comentarios (sempre serán ben acollidas neste espazo).
Brétemas:
Se es tan comedido, tan cauto, tan discreto, o que vas facer é que este blog (que tampouco é a alegría da horta) perda todo o interés que poida ter, e farás que moitos pasemos del.
(Unha confidencia: eu fun, aposta, un dos que anomou a polémica da portada do libro, con varias mensaxes incisivas e provocativas. Fixen ben ou fixen mal? Hai que animar o cotarro ou hai que afundirse no aburrimento?).
Fixeches moi ben e agradézoche. Cando falo de discreción non é en termos do politicamente correcto, meu. A maior parte das veces as cuestións sobre as que debo gardar discreción son as referidas a orixinais que se van ou non publicar e cousas desas. Tes razón que en Galicia non hai cultura do disenso, feito que nada ten que ver con algunhas polémicas cainitas ou disparatadas na utilización de cualificativos, nas que eu nunca participei nin o penso facer.
Eu hai pouco que estou enganchada ós blogs en galego e penso que son moito mellores que moitos libros que se publican. Ademais sí que se actualizan alomenos unha vez por semana
Brétemas, por vez primeira no acho relación entre o que escribe e o que enlaza, dado que o que enlaza case xustifica a metade do seu comentario. Que di Cabaret? Que deixa de dicir?
Respecto ao “el usuario anónimo”:
1. Desde cando os blogs deben estar ao día?
2. Desde cando deben escribir do seu interese?
Está entre os seus intereses que Manuel Gago fale da colonia de Teixugos que atopou?
3. Desde cando somos quioscos?
Eu non vendo o Hola? Debo vender o Marca?
4. Desde cando recibir mensaxes foi o fin do blog?
Logo os que non teñen aberto os comentarios, non son blogs?
5. Resulta que os blogs poden ser breves e sen sustancia, porque disto tamén vai o asunto.
6. O ser humano adica o seu tempo a cousas ben improductivas, construir catedrais góticas, por exemplo. Por favor, déixenos a nós tamén producilas.
Obrigado!
Brétemas, agradezo o seu comentario porque dedico moitas chamadas e moitas navigacións en Internet para obter esas informacións. Como vostede sabe de certo, eu tamén teño que calar moitas primicias por mor da miña profesión. E os dous sabemos o que proe…
Parabéns, Jaure.
Ves, Brétamas, como xa animei un pouco o cotarro, xa que houbo quen se deu por aludido, mosqueándose moito: caso Óscar.
Pois mire, señor Óscar, a min parécenme malos a maioría, incluído o seu. Vostede pode estar moi orgulloso, vale, pero a min paréceme un muermo: nin Hola, nin Marca, nin a Enciclopedia Británica. Se vostede quere manter aberto o seu quiosco (expresión coloquial que vostede se nega a entender por falta de humor) e pensa que está a facer unha grande obra, alá vostede coa súa ilusión (para min, un tanto pueril).
O problema é que a maioría apenas teñen nada que dicir.
Agora ben, non lle nego o dereito a ninguén a ter aberto un blog, cada un ocupa o seu tempo de lecer no que lle pareza. Pero, señor Óscar, eu paso duramente. É a miña opinión e douna. E a quen non lle guste, que lle bote un edulcorante (pois o azúcar engorda, nonsi?).
Meu anónimo máis aprezado: gosto do seu afán polemista e trouleiro. Cóntolle unha. En Italia non botan “dulcificante”, senón “docificacante hipocalórico”. Gosto desa adxetivación evidencialista.
🙂
O señor ireal ten blog?
É que estes italianos son a repanocha!
Eu gusto deles, menos de Berlusconi & cia.
Por certo, qué lles parece este “chiste” tirado do bo blog de J.L. Blanco:
El chico termina el bachillerato y no tiene ganas de estudiar nada. Como el padre es un tipo de pocas pulgas, lo aprieta:
-¿Ah? ¿No quieres estudiar? Bueno, yo no mantengo vagos, así que vas a trabajar.
El padre, que tiene algunos amigos políticos dada su larga trayectoria, trata de conseguirle un empleo y habla con un amigo:
-Oye, Manolo, ¿te acuerdas mi hijo? Bueno, acabó el bachillerato y no quiere estudiar por ahora. Necesitaría un puesto como para que empiece a trabajar mientras decide si va a seguir una carrera … El asunto es que haga algo y no vaguee, ¿entiendes?.
A los tres días llama Manolo:
-Oye. Que ya está, he encontrado algo para tu hijo. Asesor de la Comisión de Salud de la Cámara de Senadores. Unos 9000 euros por mes. Está guay, ¿no?
-¡Nooo, Manolo! ¡Es una locura! Tiene que comenzar desde abajo.
A los dos días, de nuevo Manolo:
-Ya lo tengo. Le conseguí un cargo de Secretario Privado de un Diputado. El sueldo es más modesto, de 5000 euros al mes.
-¡No, Manolo! No quiero que la vida se le haga tan fácil de entrada.Quiero que sienta la necesidad de estudiar, ¿me entiendes? Si gana esa pasta no estudiará nada.
Al otro día:
-Tío, ahora sí: Ayudante del Encargado del Archivo, con algo de informática, claro que el sueldo se va muy abajo … serían 2800 euros, nada más.
-Pero Manolo, ¡por favor!, consigue algo más modesto. Es un niño aún. Algo de 500 euros.
-No tío, eso es muy difícil …
-¿Por qué?
-Verás … esos cargos son por oposiciones, se necesita currículum, título universitario, másters … ¿Me entiendes? …
Xa que esta conversa me toca de xeito colateral e totalmente sorpresivo , teño que dicir algo sobre o “interese” de postear sobre teixugos: permitiume coñecer a unha xente que leva un proxecto de inventariado do hábitat do porco teixo no país, poder amosarlle as tobeiras para que ficaran no catálogo e, xa que logo, tivesen algo máis de protección. Se non o publicara na miña bitácora, dubido moito que tal cousa puidera ter sucedido.
O bó que teñen os blós é que, por moi minoritario que sexa o tema, sempre hai alguén que pode compartir un interese contigo. Para min esa é a diferenza principal con respecto aos medios de comunicación, nos que un selecciona feitos e temas en función do seu interese para o público. No bló escollo temas que me interesan a min e que me pode apetecer compartir con outras persoas. En fin: Anónimo, recoméndolle que busque máis, que seguro que atopará na rede blogueiros e blogueiras cos que coincida en temas, intereses e atraccións. Se non é en galego, noutros idiomas. O mundo é ben ancho. Coa de cousas que podemos aprender de moitos blogueiros, é unha mágoa non concederlle máis oportunidades.
Desculpe, amigo Magago. En ningún momento me referín a vostede. Paréceme fantástico que haxa xente que se preocupe polos teixugos, e que comparta cos demais a súa preocupación.
Eu referíame en xeral, non a vostede en concreto. De feito, non coñecía o seu blog. Remato de botarlle unha ollada e ten moi boa pinta. Visitareino máis de vagar. Parabéns.
Usuario anónimo: espero que non se refira a min cando di que poucos blogs “carecen de suficiente interese”. De tódolos xeitos, saiba que non lle gardo rancor se o opina así. :D. Un saúdo.
Brétemas: Súmome á opinión de María sobre a indiscreción dos blogueiros, aínda que cadaquén ten que deixa-lo seu selo. :D. Un saúdo.
Meu deus!
Agora vou ter que dar explicacións unha a unha a todos os blogueiros que hai en Galicia!
Pois lamento informarlle, amigo Boedense, que non me gusta nada o seu blog: soso, trivial, tópico, sen orixinalidade, sen ilustracións que alivien un pouco a lectura, …
Agora ben, non se desanime. Ten todo o dereito a telo aberto e a poñer nel o que lle praza. Pero eu tamén teño o dereito de non perder o tempo con el.
Sen rancor, eh!