«Día das Letras Galegas: unha celebración distante?»
Mañá participarei no debate que a revista Tempos Novos organiza no pub Dadó-Dadá de Compostela arredor do futuro da celebración do Día das Letras Galegas. Moderados por Comba Campoy, acompañarei a tan vos amigos e amigas como Mercedes Queixas, Nel Vidal, Branca Novoneyra e Euloxio Ruibal. A moderara púxonos unha serie de cuestións ás que deberemos dar algúnha resposta:
- Está a RAG a desempeñar un papel pouco activo na promoción da figura que escolle anualmente, limitándose a unha serie de declaracións institucionais e a un acto litúrxico o 17 de Maio?
- Tería devido o Día das Letras unha mera escusa comercial para a produción editorial e de espectáculos, dada a demanda específica da administración autonómica e local, que limitan a organización de actos adicados ao autor/a homenaxeada ao mes de maio?
- Estarán eses propios intereses editoriais, e outros de carácter político, exercendo unha presión pouco recomendábel na decisión dos académicos sobre a persoa homenaxeada cada ano?
- O Día das Letras no ensino: debería o 17 de maio volver ser lectivo? Como pode contribuír a conmemoración á divulgación dos principais autores das nosas letras entre o estudantado galego?
- A xestión dos dereitos do autor homenaxeado. Debería regularse o uso da obra por parte de terceiros para evitar o simple oportunismo?
- Propostas para achegar a celebración á sociedade (actividades na rúa, asociacionismo…) e que o labor de divulgación dos autores teña continuidade unha vez pasado o ano.
Cuestións todas elas para volver sobre unha polémica na que todos estades convidados a participar.
Moito por debatir neste tema, quizais o máis urxente (por avaliar a súa incidencia no sector e as posibilidades que ofrecería de cara á unha verdadeira difusión a pé de rúa) sería recuperar o 17 como lectivo.
Alí estaremos!
Lectivo sempre….o Sant Jordi é un bo exemplo onde o comercial se entrefebra coa dinamización e a festa colectiva. A “sacralización” levan ao litúrxico e ao esquencimento e só fica a celebración individual do laissez faire e do advento do dia non-laboral. O que se precisa é todo o contrario: a celebración colectiva da palabra e o sentido de pertenza a unha fala. Os rituais axudan mais non a ritualización. A ritualización fai parte constitutiva das institucións. A enxurrada contra o galego é un exemplo de como os rituais deviron unha fin en si mesmos en todo o período autonómico. Compre rachar esa liturxia.
A intriga do 26.945: http://galizalivre.org/?q=noticia/15.04.2010/o-n-mero-26945-que-aparecia-em-inumer-veis-pintadas-da-galiza-o-n-mero-de-galegof