Crónica de Dijon
A verdade é que a viaxe destes días atrás pagou a pena. Os voos nun paxariño magníficos, a experiencia do TGV satisfactoria (trescentos quilómetros en hora e media), a cidade xeitosa (encrucillada das Europas do norte e do sur), os viños excelentes, os amigos entrañables, as conversas intelixentes e o frío horroroso (ata -5º). Porén, o coloquio foi tan intensivo (como eu agardaba, dun acto académico organizado en Francia) como decepcionantes os enfoques dalgunhas das ponencias.
Baixo a proposta de reflexionar sobre a Galicia do século XX, o Centre d’ Etudes et de Recherches Hispaniques du XXème siècle HISPANISTICA XX, coa colaboración do Instituto Cervantes de Lyon, convocou a máis de trinta persoas para falar sobre a cultura e identidades galegas. Unha iniciativa suxestiva dun grupo numeroso de hispanistas franceses e moi de agradecerlles nesa difícil tarefa de darnos a coñecer e desmontar tantos prexuízos que hai sobre nós. Houbo intervencións moi boas e clarificadoras (Vázquez Sola, Patiño, Benoit Mitaine) e outras que cairon no tópico extendido (desgrazadamente) de que a literatura galega se reduce a figuras como Cela, Torrente, Cunqueiro ou Valle Inclán (foron as que centraron o maior número de intervencións).
Se algo me quedou claron tras esta viaxe é a necesidade de elaborar unha estratexia compartida de país para proxectar no exterior a nosa cultura, arte, lingua, literatura e edición. Temos aquí unha febleza e, ao tempo, unha oportunidade que non podemos desaproveitar en tempos de cambio. É moi desmoralizador escoitar falar durante dous días de “literaturas rexionais”, de “bucles melancólicos”, de “cidades inmersas na néboa”, de “folcore e identidade” e doutras trapalladas identitarias polo estilo. Moito temos que traballar, e de forma intelixente e atractiva, para desmontar estes tópicos que aínda manexa a xente máis interesada por Galicia. Para os que non teñen noticias ningunhas nosas (a maioría do entorno académico e do mundo editorial internacional) haberá que artellar unha estratexia de presentación e difusión diferente. Nun caso como noutro, aposto por situar o noso discurso internacional non no das culturas minorizadas, se non no das culturas europeas de dimensións semellantes á nosa (danesa, finesa, eslovena…). Esa é a vía que tan bos resultados está proporcionando a Cataluña. Non estaría de máis que intentásemos ensaiala.

Estamos no momento de comezar a artellar unha promoción integral no estilo que vostede defende. É unha necesidade clara e evidente.
E esperemos que haxa algún plan en pouco tempo.
Está ben deixar voar a cometa, pero tamén hai que ser moi consciente do país en que vivimos e isto non é Cataluña nin Finlandia, de Eslovenia non sei nada. o primeiro que temos que facer é crer nós mesmos no que pretendemos exportar. Estaremos de acordo en que o fundamental da nosa cultura é a lingua, supoño. Cela, Valle ou Torrente non son literatura galega. O noso presidente aprendeu antonte a falar en galego “por esixencias do guión”; ¿acabará crendo que o fala porque si, porque lle gusta e dálle a gana, porque quere estar cos seus…? Se el e os do seu partido o acaban crendo sinceramente, daquela podemos exportar o que sexa.