Corazonada

Esta noite, envolto en malos pasos, tiven a corazonada de que este amigo será nomeado mañá director do CDG. En poucas palabras posúe o perfil axeitado que o equipo da conselleira procura: criterio técnico, coñecemento do sector, determinación, experiencia na xestión de equipos (mesmo comercial) e, sobre todo, capacidade para asumir riscos. Non estaría de máis, que a consellaría dese un paso máis e nomease a unha persoa independente da administración para presidir o propio IGAEM (non o esquezamos que naceu como un organismo autónomo). A crise do CDG amosa que a xestión do noso teatro público precisa de persoas que posúan grandes doses de coraxe e afouteza. Nunca foi doado saír dun calellón e algunhas candidaturas que se barallan meten medo.
2 comentarios
  1. Cesare
    Cesare Dice:

    Meu deus, prezado brétemas… vostede tamén anda en malos pasos?
    Ai, teatro, esa palabra feita pró solar dos epitafios…

Los comentarios están desactivados.