Cita na Habana
Ten razón Xosé de Casanova. É incomprensible que no primeiro adianto oficial da relación de autores e autoras para representar a edición e a literatura galega na Feira do libro da Habana 2008 non apareza, por agora, o nome de Fran Jaraba, o autor de cómic galego que con moita diferenza máis se ten ocupado das relacións entre Galicia e Cuba (ten publicados dous álbumes e preparamos xa o terceiro para a primavera, en edición tanto galega como castelán).
Tamén boto en falta (nunha relación prevista de corenta persoas) o nome doutros autores e autoras centrais da nosa literatura actual en todas as súas expresións, tanto sexa pola súa enorme aceptación entre os lectores e lectoras galegos, como polo seu papel fulcral no noso desenvolvemento cultural e literario. Agardo que nas próximas semanas, cando se coñeza a lista definitiva, poidamos felicitarnos da presenza de todos eles.
(Actualización: 10-12-2007): Hoxe escribiume Fran Jaraba para comunicarme que recibira o convite para participar nos actos da feira. Unha boa noticia.
Tanto ten que vaia como que non. Non vexo utilidade ningunha para o sector do libro galega na feira da Habana. Se se vai facer turismo, pase; mais libros non van vender un.
Xa postos, eu tamén acho de menos uns cantos blogueiros.
Agora en serio: a listaxe de autores é a que é, e todos non collen, nin falta que fai. Non pretendería vostede que fixeran un referendum para decidir quen vai e quen non. Ou preferirían que lles preguntasen unicamente a vostedes, os editores, dito sexa con toda a amizade e o afecto que sabe que lle teño?
Manifestando a miña aversión por estas excurisións de fin de curso e a pouco utilidade práctica que penso que teñen, descoñezo os criteriso da selección, mais a ausencia dalgúsn nomes é notoria.O que creo é que os gañadores e finalistas dos premios nacionais teñen que estar por enriba de todo, amais de tamén dos gañadores do premios galegos máis senlleiros deste ano.
Segundo informacións que nos chegan da propia consellería, a lista do dossier non é definitiva. Dende a AGPI propuxemos no seu día que alomenos 6 ou 7 dos trintaetantos autores convidados á feria fosen ilustradores, xa que son tan autores dos libros coma os da parte literaria (no caso de literatura infantil e xuvenil isto é mais obvio). Os autores literarios xa estarán suficientemente representados cos 35 convidados, pero sería imperdoable que non houbese alomenos 5 ou 6 ilustradores para participar dende a sua particularidade nas mesas redondas, talleres, debates ou ponencias. Ante esta realidade, a xunta decidiu ampliar a lista con varios nomes de ilustradores de prestixio, e supoño que o comunicará oficialmente en breve. Fran Jaraba dende logo debrá estar entre eles.
apertas
Ro e anónimo, está visto que a gran eiva do SLG e a ausencia dun Tomate. Que deixen xa de emitir Libro Aberto e que nos conten de verdade o que nos interesa sobre os nosos autores: as súas parafilias máis secretas. Eu dou o primeiro paso: gusto das coxas.
Folerpa e Ro: nunca neste blog admitín que se publicasen parvadas, como os vosos recentes comentarios. Prego, por favor, que respectedes este criterio. O sentido da miña anotación, que coincide co de Santy Gutiérrez, é sinalar a importancia de que na Habana estea presente toda a diversidade dos nosos autores (sexan escritores, ilustradores ou autores da BD). Esa será mellor garantía de contar cun programa de actividades centrado no mundo do libro e da literatura, xa que se trata dunha Feira do Internacional do Libro (a primeira na que somos convidados).
Desculpas, Sr. Brétemas,
Vexo que non se entendeu o meu comentario, que se refería ao anónimo e era absolutamente irónico.
Síntoo moito.
O que di Martin Pawley non se comprende. Por qué é esa a lista, unha lista chea de anónimos e descoñecidos que teñen o mérito de ser amigos de alguén? En calquera país a postergación dun dos tres ou catro autores que máis libros venden (Miranda) sería un escándalo. Aquí é un chiste. Por outro lado, a exclusión de Alonso Montero cheira a sectarismo. E a inclusión de outros, a nepotismo. Pero non é grave o asunto: en Cuba non fan facer nada (nada máis ca turismo a conta dos cartos públicos).
Desculpas polo comentario Mr. brétemas. Iá nun ton irónico e en reposta aos enteriores de ro e anónimo. Mea culpa, prometo ser ghuiadiño…
Unha aperta e boa viaxe.
Non é este o post adecuado para debatir sobre a uitilidade ou cenvenencia da expedición da Xunta na feria da Habana. Pero quixera facelo para darlles outra perspectiva do asunto aos que escribiron frases coma “van facer turismo, porque libros non van vender nin un”. Ben, precisamente, non se trata de vender libros: a feria da HABANA non é un evento comercial (por iso non organiza a expedición a consellería de industria)senón cultural (de feito é o evento cultural mais importante que organiza o goberno cubano: maís de 100.000 persoas visitan a feria e toda a illa serve de esceario para exposicións, charlas, representacións teatrais e concertos musicais). É a primeira vez que unha cultura non estatal é invitada a unha feria internacional: isto é dunha relevancia tremenda que non debería pasar desapercebida. Non invitaron a España, ou a Francia, ou a Holanda, senón a Galiza. e isto é un recoñecemento explícito á nosa identidade cultural propia de trascendencia internacional. É lóxico pois que a Xunta faga un grande esforzo por mostrarlle ao mundo a nosa realidade cultural histórica e contemporánea, levando á illa unha representación xenerosa e variada do noso panorama creativo. Non todo é vender libros, as veces tamén é importante aproveitar as oportunidades que se nos ofrecen para (de)mostrar quen somos presumindo do noso co peito enchido. nonsí?
Trabúcaste, Santy. Catalunya foi país convidado en Frankfurt. Por outra banda, que un escritor acceda a que lle subvencionen as arcas públicas unha viaxe a un país onde non existe liberdade de expresión, paréceme que non merece unha louvanza, precisamente. Por non falar da lista que se adiantou de nomes, que ten un fedor a nepotismo insoportable. Por elegancia, non quero dar nomes, pero que na primeira lista apareza xente tan próxima ao bipartito, é inquedante. Pero tamén vimos o outro día a Carlos Blanco na TVG, en Mar de mans, dourándolle a píldora escandalosamente ao BNG na televisión que paganos todos. Estamos como nas peores épocas do fraguismo, coa diferenza de que agora quen enche os petos son os sectores culturais próximos ao BNG. Igualiño. Só hai que ver o contentos que se pasean por Compostela.
Denunciar a falta de liberdade de expresión en Cuba queda moi ben (Alejandro Sanz xa o fixo, apuntádevos), aínda que se pase por alto a falta de liberdade de expresión das democracias europeas e dos Estados Unidos e se obvie o estado de sitio no que o pobo cubano vive dende que tivo a boa idea de expulsar a Batista.
Cuba non é perfecta, e nin sequera está próxima a selo, pero alguén que fala dende un país que tivo como presidente a un ministro franquista ata antonte, que non pode escoller libremente o seu Xefe de Estado, e onde se encarcera a xente polas súas ideas políticas (que é o que permite a lei de partidos) debera ser un pouco máis comedido ou limpar a merda da casa antes de apuntar para a merda dos demais.
Nepotismos si que os hai, aínda que por riba deles habería que aproveitar a oportunidade de representar á cultura galega e non cagala unha vez máis con debates partidistas ou personalistas (algo no que somos expertos, por certo).
Cuidado, anónimo anterior, coa táctica de apuntar ó mal de moitos.
Algúns tiñamos a ilusión, que pronto vimos frustrada, de que nestes “novos tempos” sen o ministro de Franco se permitise algo máis a crítica e se acabase (un pouco) coas políticas clientelares: e a cousa foi a peor. Polo menos no mundo da cultura. É EVIDENTE e vergoñante
De tal xeito que preferimos falar dende o anonimato, xa ve…
E coidado tamén co conto da unión: é exactamente o que pide Rajoy coa lei de partidos da que vostede fala acertadamente.
O bó dun país civilizado é, xusto, a posibilidade de discrepar e o bo dos seus gobernantes sería, en casos coma este, considerar a valía máis alá do carné ou da simpatía política, ou do silencio cómplice. Non parece o caso. A ver se vai resultar que agora o que toca é dicir amén a estes que teñen como única vantaxe que moitos pensamos que os de antes aínda eran peores (que xa ten mérito).
A lista será incompleta seguro. Pero non me sorprende…a razón de todo disto non a sei, pero seguro será unha destas:
Luis Bará é un chulo
Luis Bará é un ignorante
Luis Bará é un sectario
anonimo dixo: “Trabúcaste, Santy. Catalunya foi país convidado en Frankfurt”.
Descoñecía o dato e recoñezo a miña desinformación; perdón pois polo meu resbalón. Enmendado queda.
apertiñas