Cinco cancións
Os amigos e amigas de Radiofusión tiveron a xenerosidade de ofrecerme a posibilidade de comentar cinco das cancións que me gustan. Emitirán unha cada día laborable da vindeira semana (a de entroido). Esa foi a miña escolma (tan difícil):
- «No woman no cry», versión de Jonathan Butler.
- «Que tinguen sort», Lluis Llach (memorable a versión de Verges 2007, o seu derradeiro recital).
- «Chega de saudade», versión de António Carlos Jobim no Festival de Jazz de Montreal de 1987.
- «Pasamarrúa», Xabier Blanco (segundo tema de Instrumentos pobres).
- «Karante Doh Due», Carlos Núñez (Almas de Fisterra).
Son cinco cancións que me emocionan todas elas, aínda que recoñezo son un chisco melancólicas de máis.
Ainda k non coincidimos nos gustos musicais, tamen recoñezo a miña tendencia melancolica.Debe de ser a idade