Cen anos de Curros
Hoxe cúmprense cen anos do pasamento de Curros Enríquez. Moi recomendables todos os traballos que con este motivo publica hoxe Luzes. No entanto, abraia o escaso eco institucional de tan importante efeméride (supoño que será pola campaña electoral).
Etiquetas: Curros_Enríquez
Disque na Coruña se vai facer algo aí para dentro dunhas semanas.
Na Coruña houbo onte un acto conxunto da Fundación Curros e da RAG, do que hoxe informa a prensa.
Hoxe tivemos un novo acto en Celanova de reivindicación do Curros xornalista, organizado pola Secretaría Xeral da Comunicación da Xunta de Galicia (remato de colgar un post no meu blog sobre ese acto).
Estes dous son os únicos actos institucionais que coñezo. X.L. Axeitos dixo hoxe que a RAG está preparando unha exposición conmemorativa.
O martes haberá novos actos no Liceo de Ourense, cunha homenaxe no colexio que leva o seu nome, ó carón da rúa tamén Curros Enríquez (12 mañá) e mesa redonda as 20 h. no Liceo (Alonso Montero, Antonio Piñeiro e eu mesmo).
Saúdos cordiais.