No Teucro
/en Cidades/por bretemasTerra. Lingua. Cultura
No Teucro Luis agasallounos cuns novos cedés e Miguel coas novas conversas con Beiras. Xa teño ganas de debullalo. É un xénero que me presta e, por riba, o libro preséntase con moito interese e un depoimento do protagonista.
No coche viñen remoendo a idea de promover unha entidade transversal parecida ao Ómnium catalán. Terra. Lingua. Cultura. Tres eixos para o traballo cívico que precisamos. Debemos promover un novo tipo de asociacionismo cultural. Non abrirlle as portas nin a desolación nin ao desánimo, insistir, non desistir, penso cando chego á nosa cidade revolcada.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
Like a prayer9 de Marzo de 2026 - 6:32 a.m.
Einstein en Vigo3 de Marzo de 2026 - 8:21 a.m.
O Celta é pequeno28 de Febreiro de 2026 - 8:34 a.m.
A edición galega á intemperie28 de Febreiro de 2026 - 8:27 a.m.
A familia Fraiz represaliada24 de Febreiro de 2026 - 7:44 a.m.
