Benvido, Rinoceronte
/en Beizóns, Novidades, Traducións/por bretemasApareceron os primeiros libros de Rinoceronte, a nova editora galega especializada en traducións. O catálogo é moi prometedor e ambicioso, o deseño das capas e da propia web é moi sobrio e a nómina de tradutores de grande calidade. Deséxolles moita sorte a Moisés e Penélope en tan arriscado proxecto editorial, xa que os custos das traducións e o pagamento dos adiantos é moi elevado para as nosas cativas tiradas. O camiño da especialización e a venda directa na rede semellan estratexias viables para estes novos proxectos que enriquecen o noso panorama editorial. Longa andadura para o Rinoceronte!!!
Actualización (08-01-2006): entrevista a Moisés R. Barcia e María Yáñez.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Aforismos10 de Setembro de 2025 - 6:44 a.m.
- Un mar de bandas9 de Setembro de 2025 - 5:44 a.m.
- Neurodiverxencia3 de Setembro de 2025 - 5:54 a.m.
- Romería2 de Setembro de 2025 - 7:35 a.m.
- Colectivo1 de Setembro de 2025 - 5:32 a.m.