Casa das Letras
Vía Txetxu coñezo Casa das letras, o blog da Libraría Gráficas Santiago de Ribadeo. Que eu coñeza, coa excepción dos espazos webs de Andel, Couceiro de Santiago e Trazos (con vendas online) este é o primeiro blog dunha libraría galega, un feito que cremos debe ser salientada. Esta veterana libraría da Mariña (tamén un centro de actividades culturais) foi recoñecida este ano co Premio Irmandade do Libro polo seu labor que, agora, dá un paso ao espazo electrónico. O blog inclúe fundamentalmente reseñas de novidades e noticias de autores (interesantísima a crónica da homenaxe a Suso Peña). Este blog é de indubidable interese, aínda que se bota en falta unha maior presenza do galego e, sequera, algunha referencia ás bitacoras culturais galegas.
Será porque ademáis de escribir en español, coma adoitan facer nese pobo cheo de persoeiros ilustres da Corte madrileña, inclúen un comentario sobre Rivera de la Cruz?
Grazas aos responsábeis de Brétemas pola súa leción: a de criticar de xeito positivo, argumentando as súas posicións e sen insultar. E ao comentarista anónimo só decirlle que na Galicia sobran cainitas.