1
comentario
Los comentarios están desactivados.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Os Baltar18 de Decembro de 2024 - 4:17 p.m.
- AVE polo Miño17 de Decembro de 2024 - 7:05 a.m.
- Doutrina 79/201011 de Decembro de 2024 - 9:04 p.m.
- Casal11 de Decembro de 2024 - 8:49 p.m.
- Fusilados no Castro11 de Decembro de 2024 - 8:41 p.m.
De pena. O nivel cultural dun pobo mídese pola súa sensibilidade. Nunha vila os árbores, o nivel dos ruídos, a calidade do ar, os paxaros, os espazos verdes, son unha verdadeira carta de visita …
En Xenebra, donde resido, o concerto dos estorniños, mentras dura, simplemente fai deterse cíclicamente cada ano aos paseantes que escoitan e observan con atención este espectáculo natural. Mestúranse o ministro que aparcou a súa bicicleta e conversa cun coñecido, xovens ríndose baixo ese manto acústico, o conductor do autobús, xubilados que agradecen e debaten sobre ese fabuloso espectáculo de riqueza extraordinaria, yuppies que apuran a súa cervexa no caír da tarde baixo un concerto de música contemporánea…
Ese concerto, esa coreografía de coros estridentes e danzas aéreas son verdadeiramente unha contemplación única de gran riqueza para calquer vila.
Son momentos dunha rara intensidade musical. Concerto.
Comparado co triste relato de Rivas pódese establecer unha comparanza con ese parlamento no que sempre se chega a un acordo e vaise na dirección do interés común aos exabruptos que empedran as rúas do noso país. É francamente desolador ler un artigo como o de Manolo Rivas. Os políticos perderon o norte e a súa liberdade como individuos. Son, porque o son, mediocres e modernos. Parece como se quixeran decir que nos fodamos, que temos que fodernos, parece que dicen: Que se fodan!.
Aínda que por outra banda tamén podo recomendarlles, para conxurar tal desatino que polo menos escoitasen a Olivier Messiaen, que escoitasen con calma o seu catálogo dos paxaros, ese seu monumento que legou á posteridade e que compuxo nos anos 1950: Catalogue des oiseaux (tanto por Anatol Ugorsky como por Roger Muraro). Boa escoita, pois para unha vila como A Coruña “tan musical e filarmónica” os paxaros deberían ser considerados como os millores músicos. Messiaen dixit.