Calendario das Letras

Hoxe recibín un exemplar do Calendario das Letras 2008, unha moi boa iniciativa da Consellaría de Cultura e Deporte, que desenvolve dende o pasado ano unha medida prevista na lei do libro e do plan de lectura coa que se pretende situar o mundo da lectura no primeiro plano da vida social de Galicia.
A proposta de calendario é a seguinte:

  • 24 de febreiro: Día de Rosalía.
  • 21 de marzo: Día Internacional da Poesía.
  • 27 de marzo: Día Mundial do Teatro.
  • 2-23 de abril: Mes dos Libros
  • 2 de abril: Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
  • 23 de abril: Día Internacional do Libro.
  • 17 de maio: Día das Letras Galegas.
  • Xullo, agosto e setembro: Meses da Banda Deseñada.
  • 30 de setembro: Día Internacional da Tradución.
  • 24 de outubro: Día das Bibliotecas.
  • 2-11 de novembro: Semana da Tradición Oral.
  • 17 de decembro: Día da Edición.

A proposta pode ser moi útil para todo o sector da lectura galego (bibliotecarios, profesorado, autores, libreiros, editores e medios de comunicación) de cara a visibilizar de forma específica nestas datas ben determinados xéneros, para organizar actividades escolares ou para intentar acadar unha maior presenza social do libro e da lectura.
O traballode ilsutracións de Xosé Cobas nos materiais impresos que coñecemos (folleto, calendario e alamanaque) é sobresaliente, tanto como os textos do almanaque que preparou Xabier P. Docampo. Absolutamente recomendable.

3 comentarios
  1. Veloso
    Veloso Dice:

    Acabo de atopar a seguinte parvada no foro de Galicia Bilingüe, nun debate titulado “El autobús de Galicia Bilingüe en el punto de mira”. Cópioche un fragmento bastante indignante porque alude directamente á túa persoa:
    “Asunto: LA CULPA ES DE LOS DIOSES

    Los responsables de todos estos actos son, en esencia, los capos del Nazionalismo actual. Me refiero a Ferrín, Bragado, Callón y el gran camarada Quin Il Sung, entre otros centuriones, pues el chavalote de Allariz, educado por los Jesuitas, a la postre no es màs que un pincha uvas en comparacion con los otros chefs.

    Estos impresentables, que quieren ser reyes pero no llegan a criados, diseñaron la gran marcha hacia el este para definir el espacio vital galaico asi como la unión-anexión con nuestros hermanos genéticos de Portugal, todo ello como si de Austria se tratase.”

    Brétemas, perdoa se che amarguei o día, pero pensaba que era bo que tiveses coñecemento de que esta xente non ten reparo á hora de espallar gravísimas e infundadas acusacións. Un saúdo.

  2. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Probablemente eles estean errados, pero non merecen ser mallados, sin insultados. Só por expresa-la súa opinión. Eu votante de esquerdas: ás veces BNG,ás veces PSOE. Considero que alguén neste país está xogando a euskalduniza-la polñitica galega, a aillar ós conservadores,a marxinalos, a deixalos sen voz, e dáme moito noxo.
    En Galicia, non queremos violencia nunca a houbo, sinto noxo e vergoña por ver imaxes como os apupos a María San gil que Gloria lago teña que ir a dar unha conferencia en Vigo ESCOLTADA POLA POLICÍA. Dóenme as tripas de noxo e vergoña. En Galicia sabemos resolve-las cousas doutro xeito sempre o soubemos facer. Hai solucións á galega, nas que todo o munod ten cabida: Galicia Bilingüe na sala A, a mesa pola normalización na B, e María Sangil na C. Aquí caben todos, é lóxico pensar A quen benefician estas liortas de medio pelo? A quen se quere acorrralar e deixar sen voz.

Los comentarios están desactivados.