Brétemas de Esperanza
Recibo no móbil e nas caixas de correo moitos votos de primeiro ano reclamando o cambio político para Galicia. Saúde e que cante o merlo! Que o ano novo veña preñado de esperanza!… escríbenme os amigos, convencidos de que as súas palabras poden axudar a que xermole o que hai tantos anos agardamos. Sen embargo, a máis conmovedora destas mensaxes díxoma no Froxán un dos rapaces organizadores da Pisa, cando alá fomos a comezos de decembro, cun neboeiro mesto, da man de Xesús Marcos e Gloria Gallego, escoitar o canto do brelo: “Manolo: para remoer a pedra hai que facelo dende o fondo da fraga” (ecoaban as palabras de Uxío Novoneyra entre as xentes de Burla Negra que acompañaban a Vitor Mosquera, o pregoeiro da festa). Foi moi luminoso aquel día do Caurel, a presentación moi concorrida, o xantar comunal case a baixo cero, e sobre todo a visita con Miro (o libreiro de Mendinho de Travesas) e a súa turma a aldea de Seceda, onde están recuperando unha casa e onde bebín na fonte do souto, ao pé daquela alvariza impoñente. Por riba, trouxemos un quilo de mel. Arrecende, dende entón, pola casa toda.
Cando chego da oficina leo en Vieiros o artigo de Camilo Nogueira sobre o Plan Ibarretxe (Camilo sempre fino e agudo, como é posible que no BNG poidan pensar en prescindir do seu criterio?), un texto no que agroma a esperanza que procuramos nesta brétemas que hoxe iniciamos.
Remoo nos criterios para preparar o artigo do domingo sobre os cines de Vigo, a partir do novo libro do arquitecto José Antonio Martín Curty. A información que recolle a obra é moi interesante, a planimetría abraiante, aínda que a edición do libro é pouco profesional. Mágoa destas publicacións institucionais que poderían ser moi melloradas cun pouco de traballo de edición.
Lamento non coñecer mellor o entorno técnico do blog. Supoño que será cuestión de fedellar e preguntar aos colegas que saben máis disto.

Good post, bookmarked.