Bravo, Suso!

O artigo de Suso de Toro de hoxe na tribuna de El País sobre a figura de Steiner volve ser oportunísimo. Estou con Perfecto Conde, é moi recomendable.
8 comentarios
  1. Maruxa
    Maruxa Dice:

    As veces penso que Suso estaría mellor calado.
    Cando se pretende respostar hai un intre no que chegan as exemplificaxions; situacións que non se poden evitar … o intre máxico no que toca enumerar as obras estelares da literatura galega:

    “Ignora las Cantigas de los Cancioneiros, las de Don Dinís, rey de Portugal, las de Santa María de Alfonso X, en el repertorio de agrupaciones de toda Europa y en los catálogos de los principales sellos. Desconoce la poesía de Rosalía en Follas Novas.”

    De Alfonso X a Rosalía: tremendo salto … nada menos que de séculos. E logo nos molesta que falen …

  2. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Maruxa; a alguns, xa logo lles molesta todo, moita suceptibilidade
    E si, a meu gusto o artigo bastante farragoso, gustame mais como escribe D.Manuel
    A.Coruñes

  3. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Artigo “oportuno” ou oportunista?

    Deixando aparte o contido do artigo, sería bo que o autor fixese un curso de redacción (puntuación e gramática) e logo outro de adquisición de léxico.

  4. Ulises Lima
    Ulises Lima Dice:

    Coido que por riba dalgunhas matizacións que só inqueden aos “eruditos”, o público en xeral ben puido entender a esencia do mesmo; isto é, unha lamentábel intervención do Steiner, e unha oportuna reivindicación do galego como lingua importante e de peso. Engado que nin as alusións de Muñoz Molina(non descamiñadas, pero sí con motivacións distintas das do propio debate) nin algunhas aquí verquidas ofrecen moita mais luz sobre o asunto…soan a labazadas gratuítas ao Suso de Toro.

    Un saúdo.

  5. Афастадо на Силдавија
    Афастадо на Силдавија Dice:

    Muñoz Molina tivo que procurar un argumento collido coas unllas para o rebater. De Toro igual meteu a pata co do hebreo, porén coido que quería facer o punto con respecto a Beshevis Singer o yiddisch. Con todo, o hebreo do Cantar dos Cantares (que Muñoz Molina debería ler en galego) é hebreo clásico ou hebreo bíblico que case ninguén considera a mesma lingua (o grego clásico e o grego moderno, por exemplo). De Toro meteu algo a pata (debeu dicir o hebreo moderno) e Molina como bo intelectual español fala agora, a destempo e sen argumentos.

Los comentarios están desactivados.