BlogDay 2007
Hoxe é o Blogday 2007, unha xornada creada coa intención de que os blogueiros coñezan a blogueiros doutros países ou doutros centros de interese. O rito proposto semella que consiste en recomendar cinco blogs, preferentemente dunha cultura distinta a da propia. Como son ben ghiadiño, e como xa fixera o pasado ano, aí vai a miña proposta para tecer a rede de libros e blogs:
- Alessandro Martins: un paulistano que mantén unha xanela aberta ao mundo do libro e da textualidade electrónica.
- The Book Design Review: o blog de Joseph Sullivan que, dende Chicago, ofrece unha interesantísima reflexión sobre o traballo portadístico e de deseño do libro.
- El ojo fisgón: o blog de Martín Gómez, hoxe para min, o máis interesante e traballado que coñezo sobre tendencias no mundo editorial.
- Charkin blog: o espazo de Richard Charkin, o responsable de Macmillan, un dos poucos publishers con actividade da rede.
- Extratexto: o blog rexido por Nuno Seabra, o máis documentado (actualizadísimo) en portugués sobre o mundo profesional da edición.
Etiquetas: BlogDay2007
Olá, meu amigo!
Obrigado pela citação! Então… eu sou na verdade Curitibano (Curitiba fica no Paraná, sul do Brasil). Estou escrevendo um post de gratidão em meu outro blog e vou citar você…
Abraços!