As virtudes dun libro
Enlazo unha cita marabillosa de Paul Valery sobre as virtudes dun libro. Si señor, un bo libro é unha máquina perfecta de ler, cuxas condicións son definibles con bastante exactitude polas leis e métodos da óptica fisiolóxica; e, ao mesmo tempo, un obxecto de arte, unha cousa, mais coa súa personalidade, unha que leva marcas dun pensamento particular que suxire o noble propósito dunha orde afortunada e voluntaria.
Obrigado Catuxa, por rescatarnos este texto magnífico e a fermosa ilustración de Bascove que o acompaña (recomendo visitar a súas ilustracións sobre a lectura).
Se queres ler sobre libros, visita hoxe Herbario
(http://cuentos.arkania.org/herbario.html); os Reis Magos deixáronte alí un agasallo, Brétemas.
Feliz día!
“DeixáronCHE”
Desculpas…