Arde a nosa pel

Cando onte á noitiña deixamos a Pawley na Coruña, despois da asinatura de Agustín e da recollida dos premios Lecturas, non sabiamos que na nosa viaxe pola autoestrada comprobariamos tan de preto o horror provocado polos terroristas do lume. Xa pasaramos unha Compostela sitiada por unha mesta nube de fume mais, en chegando a á altura da entrada ao “corredor” de Sanxenxo, foi cando unha barreira de lapas nos impediu continuar. A garda civil obrigounos a dar a volta para coller en disciplinada ringleira a estrada xeral. Dende as curvas de Barro contemplamos atónitos a forza das lapas nas súa plenitude invadindo a autoestrada e ameazando con chegar ás vivendas. Dende Pontevedra a Vigo, de novo xa na AP-9, viaxamos mergullados na nube de fume: invadiunos, entón, unha enorme tristeza cando comprobamos que o cumio do Xaxán, despois de tres xornadas, continuaba ardendo. Deitámonos verdadeiramente conmocionados, sabendo que moitos dos nosos compatriotas pasarían a noite defendendo impotentes os seus eidos.

A vaga de incendios desta fin de semana, cando azouta o nordés e se dispara o termómetro, constitúe un atentado ecolóxico e social (xa con tres vítimas inducidas polos incendios) de enorme envergadura. Por moito que doa debemos recoñecer que arde a nosa pel e somos os propios galegos os que provocamos semellante atentado contra o noso futuro. Cales son os móbiles destes incendiarios que semellan actuar de xeito tan organizado como eficaz? Como podemos poñerlle couto dende a raíz?
A solución ao problema non é doada. Non cabe dúbida que, nestes momentos de emerxencia e conmoción, o Goberno Galego debe procurar axuda (máis medios humanos e materais) para combater as lapas (dende a participación de membros do exército á colaboración doutras comunidades e de Portugal) xa que a sensación de desamparo e impotencia que sofren as comunidades veciñais, que levan varios días (vencidos polo cansazo) intentando protexer as súas casas, é tan dolorosa como os devastadores efectos do lume. Como tamén é imprescindible intensificar a actuación das forzas de seguridade e da fiscalía para perseguir a estes auténticos terroristas. Mais, a pesar do díficil que semelle, unha vez superada a crise, cómpre non abandonar a política sensata e rigorosa iniciada este ano pola Consellaría de Medio Rural (admirable o traballo tanto do Conselleiro Suárez Canal como de todo o seu equipo na xestión da catástrofe) para poñer en valor a xestión do noso patrimonio forestal. Só abordando as causas estruturais do problema poderemos evitar que en vindeiros veráns volva queimarse un dos nosos patrimonios máis valiosos.
A asinatura dun grande Pacto polo Monte, apoiado polas tres forzas parlamentarias, polo Goberno Galego e polos concellos e deputacións, e respaldado polo asociacionismo civil, non podería ser o instrumento político que permitise unha nova política para erradicar esta lacra? A sociedade galega no seu conxunto non pode admitir de xeito ningún que os incendios sexa unha lacra inevitable ou unha portaxe a pagar pola nosa condición periférica. Con esta convicción profunda e con determinación política abonda, os galegos podemos e debemos gañarlle a batalla a estes pirómanos de rostro descoñecido.
Etiquetas: ,
5 comentarios
  1. Erasmo
    Erasmo Dice:

    NUNCA MAIS INCENDIOS EN GALICIA… HIPOTESE DE TRABALLO PARA UN CONSELLEIRO EN PARO…!

    Venres, sábado, domingo, luns… e seguimos sen poder ver o sol atrapado detrás dunha fumareda que nos quita ata as ganas de vivir…!

    Levamos catro longos días agardando unha explicación racional do que está a suceder… pero ninguén sabe nada, ninguén fala claro, ninguén pode organizar á sociedade civil que estamos sen saber o que facer para rematar con este pesadelo…

    Que si unha Comisión Interministerial en Moncloa, que si Portugal tamén está a arder, que se mal de moitos consuelo de parvos… e non sei cantas historias máis… pero o lume non se controla ou non se sabe ou non se quere controlar…! Que se faltan medios que se sobra quen mande… todo segue ardendo ata que non quede pau que queimar…!

    Eu só sei que o Sr. Conselleiro do ramo… fixo unhas declaracións o Venres dicindo que tiñamos os ‘medios suficientes’ para facerlle fronte ó lume. Esto é o único que sei de certo. E hoxe Luns xa falaba a mesma persoa de que si un cúmulo de circunstancias non previstas facían imposible controlalos lumes da Galiza…

    Todos podemos equivocarnos, sen dúbida, pero non somos o Conselleiro do Medio Rural… por iso creo que podemos dicir con claridade que cando un responsable político erra deste xeito falando de cuestións propias da súa competencia… é mellor separalo rápidamente destas responsabilidades xa que demostra sobradamente non ter nin idea do que se trae entre mans…!

    A vida e o futuro sustentable dos galegos e galegas estaba nas súas mans e unha fachenda de prepotencia fixo que as verbas fatuas as levara o vento do nordés avivando lumes devoradores das nosas vidas e da nosa terra.

    Xa que parece ser que a Ministra de Medio Ambiente está disposta a chegar ó final desta trama criminal ofrézolle a miña hipótese de traballo (tan válida coma outra calquera mentras non se demostre o contrario)… coma se dunha brigada de élite da Garda Civil se tratara imos operar coa seguinte hipótese de traballo:

    En Galicia se anunciaron a bombo e pratillo a entrada de moitas Multinacionais do Formigón, do Chalet Adosado e da Urbanización de Luxo… pero todos sabemos que mercar terreos queimados é mercar terreos baratos… sobre todo se lle aplicamos unha recente lei do solo (non sei se está en vigor na súa totalidade ou non) que dí que aqueles terreos queimados non poden ser recalificados para promocións urbanísticas antes de 30 anos…

    Mercar estes terreos sería cousa de nenos: os galegos deprimidos pola catástrofe venderían correndo para saldar as perdas da madeira e a tristura da alma… Mercamos Barato!

    Como esta catástrofe ecolóxica e criminal pode á vez modificar moitas vontades políticas nos votantes requeimados cunha xestión impresentable na loita contra o lume… un cambio político poderíase contemplar en breve nunhas vindeiras eleccións municipais que están á volta da esquina… para dende alí, dende os Concellos, forzar un cambio no executivo da Xunta de Galicia.

    Mercamos Barato. Temos o Goberno. Agora só fai falla cambiar as leis, e onde digo digo… digo Diego… e onde se dicía terreos queimados non poden ser recalificados (engadimos) agás se se trate de proxectos urbanísticos de claro interese xeral (social) ou cunha extensión mínima superior a tantas Hectáreas… ou vaia vostede a saber que clausulas se redactarían para xustificar o cambio na lexislación?

    Xa podemos edificar. E vender os adosados con vistas ou en paraxes naturais de privilexio mercados por catro patacóns a precio de ouro. Vendemos Caro!

    Podería ser esta unha hipótese plausible para que traballe a Guardia Civil? Pois xa saben vostedes o que teñen que facer, dar orde ó Rexistro da Propiedade de que consigne nunha Lista Negra tódalas adquisicións dos terreos queimados… e ter paciencia…!

    Pero mentres tanto… que tal se vai presentando a súa demisión o Sr.Conselleiro do Medio Rural?

    INVITOVOS a exercer a crítica do que está sendo unha xestión deplorable na loita contra o lume e recordarlle as súas responsabilidades a
    D. Alfredo Suárez Canal
    gabinete.agri@xunta.es

    E se quere empregar a hipótese de traballo aquí ofrecida terá moitos anos para seguir pescudando e vixiando as compras e ventas dos montes que arderon hoxe… e se ainda non está xubilado daquela poderá presentar unha demanda xudicial contra os
    ESPECULADOES CRIMINAIS…
    que queimaron Galiza enteira… cando il era Consellerio do Medio Rural.

    Nota: eu xa enviei a miña petición persoal así coma unha nota a Quintana para que promova un relevo urxente…!

  2. Pablo
    Pablo Dice:

    Pode ser que nun primeiro momento houbese un exceso de confianza, pero o bo tempo e a falta de medios tamén axudaron a que esta tolaría tomase unhas proporcións apocalípticas. Agora é hora de axudar, de arrimar o ombreiro. As críticas para despois.

  3. Anonymous
    Anonymous Dice:

    feixistes es lo que sou per açi. Fascista del partido popular que queman el monte. conspirando para matar. y no les es nuevo ya lo hicieron el guerra asessina de iraq. Ha pagado y cospirado para quemar el monte. Galicia arde gracias al PP. Se enterará todo el pueblo y os vann a dar porculo

  4. Anonymous
    Anonymous Dice:

    a ver si acaban de arder os eucaliptos e piñeiros, i escomezan cos molinillos, as casas e siguen cas persoas.
    asi podese escomenzar de cero.
    voluntarios para queimar, porque os que estivemos no prestige, nunca mais seremos voluntarios para nada.
    que vaian de voluntarios os parasitos da xunta, e agora todos os enchufados dos tres partidos basura, que vaian eles e o fascista fraga que vive en madri de todos nos, a real family que o pasa bomba navegando, e tamen como non o sr.nuñez alias “el mangueritas”.
    ale a joderse.

Los comentarios están desactivados.