Agustín Fernández Paz, «Letra E» da AELG
A homenaxe O escritor na súa terra, impulsada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega chega a súa XVª edición recaendo por unanimidade en Agustín Fernández Paz que será homenaxeado en Vilalba, a terra onde naceu. Os actos comezarán ás 12:00 no barrio das Fontiñas, onde se plantará unha bidueira (a árbore escollida por Agustín), develarase un monolíto escultórico e unha placa que atribúe o nome do escritor ao parque. A partir das 13:00 no Centro Cultural e Recreativo de Vilalba realizarase o acto de entrega da «Letra E» e ás 14:30 un xantar de irmandade no parador de Turismo de Vilaba. Os actos están abertos a todos os socios/as da AELG, á vecindade da Terra Cha e a todas as persoas interesadas.
Animamos a difundir o programa (pode baixarse aquí en pdf) na rede e a participar en tan merecida homenaxe ao grande Agustín.
Trackbacks y pingbacks
[…] Hoxe todos con Agustín en Vilalba. […]
[…] o texto do vindeiro sábado, atopei este anaco do discurso pronunciado por Albert Camus en Estocolmo o 10 de decembro de 1957 […]
Los comentarios están desactivados.