A recepción das conversas
Estou satisfeito coa recepción positiva que tiveron no Cartafol os dous recentes libros de conversas con Ferrín e Suso de Toro. Seguirei atentamente a serie de posteos que iniciou Martin Pawley sobre as conversas con Ferrín, de quen, por certo, xa temos dende hoxe o novo poemario fóra do prelo.
O coronel non ten quen escriba sobre el?
Acabo de botarlle unha ollada ao libro de del Caño de entrevistas con Ferrín e, como ven sendo habitual, este pontifica do divino e do humano.
Mesmo se atreve a dicir, contra toda evidencia histórico-documental, que Otero Pedrayo se presentou nas listas da Fronte Popular en 1936.
Un disparate supino que confunde a realidade (histórica) coa ficción.
En fin, xenio e figura…
Gustaría que o titular deste blog contestara cunhas liñas á opinión expresada con anterioridade. Muito agradecido.
Non teño nada persoal contra Ferrín. É máis: caeme habitualmente simpático.
Pero considero que, en determinados aspectos, é un bardallas total, e que constrúe moitas veces un discurso no que mestura, a partes iguais, o mito, a ignorancia e o sectarismo.
No fondo non é culpa del. A culpa é, sobre todo, de tanto adulador e besamans (como, por exemplo, o autor do comentario do libro en Vieiros).
Se a un o teñen por un “gran pensador”, e se un ten unha tendencia tan humana como a egolatría, o normal é que se acabe crendo o seu propio personaxe e pontificando a destro e sinistro, incluído daquilo que se ignora ou do só se coñece moi superficialmente.
De aí que os notorios disparates ferrinianos se reconvirtan en “xenialidades” aplaudidas polos seus siareiros, e que o propio Ferrín se acabe retroalimentando porque non hai ninguén que lle emende a plana cando di burradas.
Ferrín sabe de determinadas cousas, pero nin de lonxe de tantas como el e os seus seguidores cren. É máis: nalgunhas amósase como un verdadeiro indocumentado.
Como contista e poeta é excelente, como novelista é mediocre, como crítico literario ten ideas moitas veces ben interesantes, como activista político é nulo, e como “pensador”, sinxelamente, non existe tal cualidade nel.
Este é o caso de Ferrín: xenio e figura.