A FLIP de Paraty
Desque visitei Paraty en 2004 sempre pensei que a literatura galega ten que buscar un xeito de participar na FLIP. Repasando o programa de actividades deste ano, as referencias na prensa brasileira, a relación de escritores homenaxeados e de autores e autoras participantes das diversas edicións conviría que fixeramos un esforzo por abrir alí unha fenda de visibilidade. Ben sabemos que as feiras internacionais do libro non son o único espazo de proxección internacional. A FLIP é un festival literario, onde autores e lectores poden atoparse ocupando toda unha fermosísima cidade empedrada de carácter colonial. O esforzo e a intelixencia de acudir á FLIP de Paraty (os organizadores son xente ben xeitosa), sei que pagaría a pena neste proceso de saída da literatura galega cara fóra. Ademais, o de Paraty é un modelo de promoción literaria que ben podería ser emulado en Galicia. Imaxinamos o que podería ser o Festival Literario Internacional de Compostela?
D. Manuel, moi bos videos do Brasil (futura potenza mundial) e muy “exotico” festival, asi da gusto en esa terra con esas xentes.Imaxinar algo parecido aki……non sei, temos outro caracter.Un saudo
Pois igual non era mala idea o do festival literario, canteira temos abondo para representarnos.
Pois se xa houbo queixas cos mojitos cubanos, ou por ir a Brest a promocionar a cultura marítima (coidado coa sidra e as galettes) xa me vexo os protestos polas facturas de caipirinha da Consellaria de Cultura… Como for seria moi bon ir explorar o máis grande mercado da língua galaico-portuguesa.