Viva a memoria

Co inicio da tempada literaria van aparecendo as agardadas críticas da novela de Rivas. Despois da moi gabanciosa de Xosé Manuel Eyré (mágoa que o seu semanario non a recolla na edición electrónica), hoxe Manuel Rodríguez Alonso publica a súa en Cartafol de libros. Deste texto, quédome coa derradeira frase: “Estamos ante unha gran novela, que é de lectura obrigada”. Pois, iso.

Actualización (26-09-06): ata hoxe non vira a longa entrevista publicada o pasado domingo en Lecer (aquí pode lerse un extracto).

Etiquetas: ,
4 comentarios
  1. R.R.
    R.R. Dice:

    Desde logo eu tamén recomendo sen ningunha dúbida a lectura de Os Libros Arden Mal.

    E se teño que lle poñer pegas non me había de parar en asuntos estructurais e moito menos en asuntos gramaticais. Certo é que a novela ten un puntiño reiterativo e que chegando ó final para o meu gusto hai unha leve caída de ritmo, pero é unha gran novela, que probablemente ha lerse menos que outras cousas de Manuel Rivas que, para o meu gusto, insisto, teñen unha menor calidade literaria. E como todo isto soa a filólogo, aí vai a opinión de lector apaixoadao:

    ¡Caralluda!. Paseino coma un neno léndoa e penso volver lela cando teña máis horas diarias que poder dedicarlle á lectura.

    Saúdos.

  2. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Alégrome do éxito de Rivas entre a crítica; non están tan lonxe aqueles tempos en que compañeiros seus, de idéntica andaina en canto á idade moza en que empezaron a publicar e a ser coñecidos, púñano a caldo disimuladamente por non ter altura, cando eles eran unha presada de cursis que ían de minoritarios e cultistas ata a exasperación do lector. O tempo vai poñendo a cadaquén no seu lugar. Os cursis de antano lamben agora pés e mans para gañar premios que xustifiquen a súa posición no sistema literario galego, e seguir así indo de escritores pola vida. E Manolo Rivas non se vendeu ás capelas como os que tanto o criticaron.

Los comentarios están desactivados.