Compostela branca
Non tiven a fortuna de vivir a grande nevarada que caíu onte sobre Compostela. Nas fotos presenta a súa faciana menos coñecida, que, con seguridade, alguén acuñará na historia desta cidade de letras e signos fascinante para os escritores: «cidade onde vagan os homes e as horas» (Salvador García Bodaño); «cidade que parece construída o día anterior» (Gabriel García Márquez); «cidade na que soterraron a semente» (X.L. Méndez Ferrín); «cidade que é un mar de pedra» (Celso Emilio Ferreiro); «cidade onde os sumidoiros son améndoas» (Xavier Cordal, a miña preferida); «labirinto hermético que segue a ser cidade aberta ao país e casa de todos os galegos» (Suso de Toro)… Cal será a frase literaria para fixar a que foi onte a nosa cidade branca?
Foto: Óscar Corral. El País.
Eu espertei cedo pola man, e descubrín o manto branco pousado sobre a superficie da cidade. Fiquei a abraiado un intre, e sen agardar un momento, collín a miña cámara e fixen decenas de fotos. As cidades históricas, cando se visten de branco teñen algo máxico, fabuloso, lendario… non sei explicalo. A foto de Compostela nevada é increible. No meu blog pódese gozar tamén dalgunhas das fermosas estampas invernais que a neve nos deixou no día de onte. Un saúdo