50
Hoxe fago cincuenta anos. Agustín Fernández Paz, cando pasou esta liña no tempo, descubriume un poema de Jorge Luis Borges, titulado «Límites», que dende entón tiven moi presente. Permitinme a ousadía de traducilo para recollelo tal día coma hoxe:
Hai unha liña de Verlaine que non volverei lembrar,
Hai unha rúa próxima que esta vedada aos meus pasos,
Hai un espello que me viu pola derradeira volta,
Hai unha porta que eu pechei até o fin do mundo.
Entre os libros da miña biblioteca (estou a velos)
Hai algún que xa nunca abrirei.
Este verán farei cincuenta anos;
A morte desgástame, incesante.
Beizóns a todos e todas polos agarimos. Saúde, amor e liberdade!
Moitos parabéns, meu benquerido editor!!! Ao fermoso poema de Borges eu engadiría, con todo a humildade, un versiño máis, tómeo coma o meu pequeno agasallo para vostede:
Hai un libro ignorado que aínda hei de editar.
parabéns, sr. brétemas. eu fixen 40 hai pouco e celebreino en condicións. pero a realidade é que a vida pouco cambia. algo así como o paso do milenio, lembra vostede? apertas grandes!
O venres pasado fixo 101 anos Manoel de Oliveira, que está coma un buxo e aínda segue a dirixir filmes. Dígollo para relativizar un pouco o poema de Borges (por outra parte despois de escribir ese poema o arxentino botou outros 37 anos esquecendo versos de Verlaine: eu xa firmaba).
Parabéns, compañeiro.
Moitos parabéns Manolo!!!!!
Eu suscribo o comentario de Martin Pawley. E mándolle o apioverdetuyú desafinado como é de rigor. E un abrazo (,) grande.
apertas e parabéns, e a seguir “nun labourar arreo” por Galicia : ela necesitáo. Gostei do poema de Borges, pero eu tamén fago meu o comento de Mr. Pawley.
Parabéns!
Parabens D. Manuel, benvido a o medio seculo (total na, “pataca minuta”)
Benvido ao club Manolo!!!
Unha fortísima aperta do teu amigo
Rafa
(Tes foto adicada en Vento nas Velas)
Unha aperta moi grande, Manolo.
Aínda queda moita lingua por defender.
Parabéns.
Parabems… e que manteñas esa enerxía sostíbel!
Cumprir anos sempre é unha ledicia. Parabéns !.