Tesouro de palabras



Patrimonio Inmaterial galego-portugués

Publico no Faro un artigo para apoiar a candidatura presentada diante da UNESCO, para que a tradición oral galego-portuguesa sexa recoñecida como Obra Mestra do Patrimonio Intanxible da Humanidade.
A iniciativa do colectivo Ponte nas Ondas paréceme extraordinaria e moi valente. Racha de facto a incomunicación secular cos nosos irmáns minhotos, ao tempo que pon en valor o tesouro das nosas palabras e saberes populares. Faime gracia a morneza do Ministerio español (que pretendía fose recoñecido o flamenco), actitude que contrasta co compromiso do governo portugués (foi quen presentou oficialmente a candidatura) e o apoio decidido do Consello da Cultura Galega. O venres, 4 de febreiro, presentárase na cidade do Douro a candidatura, coa presenza de dous ministros portugueses (a de Cultura e o de Cidades) e do presidente galego. Beizóns para Santiago Veloso e o resto dos seus colegas docentes por tamaña proeza.

4 comentarios
  1. Lolo
    Lolo Dice:

    Un artigo luminoso que nos dá azos para seguir adiante aos que cremos que os lazos entre Galicia e Portugal non se deben deixar esmorecer. Boto en falta algunha mención ao traballo realizado polo BNG sobre esta cuestión, xa que presentou mocións en todos os concellos defendendo a candidatura.

  2. Peke
    Peke Dice:

    O promotor da idea, Santiago Veloso, traballa no instituto de Gondomar co meu home. Tiveron que pedir a colaboración do ministerio portugués porque o español (socialista xa)os sacudiu de enriba con argumentos bastante patéticos, como o do flamenco, por exemplo, que non reunía as condicións esixidas.
    Vivir para ver. Agora parece que o asunto está encarreirado. ¡Ogallá!

  3. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Si. O comportamento do Ministerio de Carmen Calvo foi moi vacilante, como, supoño, nunha primeira fase, a da propia Xunta de Galicia. Polas informacións que posúo foron decisivas as achegas do Consello da Cultura Galega e (como sinala ben Lolo)o interese do BNG (promovendo mocións municipais apoiando a candidatura e preguntas no Congreso do deputado Francisco Rodríguez sobre a cuestión). O traballo da xente desta candidatura (Veloso á cabeza), como o que levan promovendo desde hai dez na experiencia Ponte nas Ondas, demostra que en Galicia non está tódo perdido. Luces de esperanza abrollan aquí e acolá. Debemos seguilas e apoialas.

  4. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Efectivamente, a historia e o proceso desta Candidatura é bastante patético: retrata a cara oculta e máis “esperpéntica” das institucións galega, portuguesa e española. No seu momento sairán á luz estas “miserias”.Pero agora o obxectivo é arrimar o ombreiro e agardar que desde París non perceban estas “sombras”. Dígovolo eu que acompañei o proceso desde a orixe da inicitiva alá no mes de novembro de 2001. Prometo ir desvelando algunhas pequenas historias que poden dar algunha luz sobre as “posicións” de cada quen. Evidentemente, estou a traballar na Asociación Ponte…nas ondas! e isto si que é outro territorio ” sen minas”…
    Unha aperta.

Los comentarios están desactivados.