Que é un libro? Frankfurt 2008
A polémica sobre o carácter inédito ou édito dun texto presentado a un premio literario é outra proba do moito que está mudando o mundo da edición, as súas rutinas, usos e costumes. O debate de fondo de tantas polémicas reside na dificultade de contestar á pregunta de «que é un libro?». Leo en ediciona, un dos meus blogs de referencia sobre o debate actual sobre os futuros do libro, o que entenden por un «libro» os responsables de comunicación da Feira de Frankfurt 2008 (onde acudiremos dentro de tres semanas): «unha das varias posibilidades de procesar, circular e difundir contido. Outras vías para lograr o mesmo propósito son os sitios web, os xogos de ordenador e os arquivos de audio». Unha definición tan ampla que abre aínda moito máis o debate. Estou xa inquedo por comprobar o que ferve no eido da edición electrónica mundial, un dos temas principais deste novo Frankfurt.
Rogerio Santos proporciona publica unha interesante anotación sobre o posible estatuto dos blogs na Unión Europea. Eis outro texto para afondar na polémica.
Seis cuestións arredor do Premio González Garcés:
1. O que se publica na rede é “edición”. Os xornais que lemos en liña están “editados”. Trátase do que chamamos “edición electrónica”.
2. O que se publica na rede deixa de ser “inédito” porque xa está editado en liña.
3. O que se publica na rede asociado a un nome deixa de ser anónimo.
4. Eduardo Estévez presentou un libro a un premio que non era inédito nin anónimo, tal e como requerían as bases.
5. E tour le reste c’est litterature.ç
6. Falar non ten cancelas.
Sr. cabaleiro da triste figura, nada que engadir…
O seu comentario … 10/10