Todos con Ramiro Fonte
Os organizadores da homenaxe a Ramiro Fonte comunican que, finalmente, o acto se celebrará o luns, 28 de xullo, ás 13:30 nas instalacións do Palacio Municipal de Ferrol. A entrada é libre. As persoas e institucións que desexen adherirse á homenaxe poden enviar os seus textos ao correo do Real Coro Toxos e Flores (amboage56@hotmail.com). No acto darase lectura a estes comunicados. A noticia desta importante homenaxe xa apareceu en diversos medios como Galicia hoxe, Vieiros, A Nosa Terra e La Voz de Galicia. Animamos a participar en xornada tan importante. O luns todos en Ferrol con Ramiro Fonte!
Boas tardes a todos.
Un millón de grazas, Señor Brétemas, polo seu apoio á difusión da homenaxe e polo seu afecto a Ramiro.
Son moitísimas as persoas que se están poñendo en cotacto co Real Coro Toxos e Froles e co Concello de Ferrol despois de ter visto a noticia no seu blog.
Qué lle pasa a Ramiro ?
Volve do exilio portugués ?
Por que xa está ben de facer homaxes por facelos… digo eu.
Almiral, sei que somos moitos os que admiramos a Ramiro, tanto pola súa obra literaria, excepcional! (tanto a poética como a narrativa), como polo seu comportamento humano. Este premio, non me cansarei de dicilo, é oportunísimo.
Señor Almiral, que todo vai ben co Ramiro, que ben merece todo canto se faga por un poeta da súa valía. Outra homenaxe que cómpre xa e ao grande xornalista, poeta e dramaturgo Ramón Loureiro que é quen está detrás da homenaxe ao Ramiro (aínda que dea un paso atrás para que o protagonismo sexa de outros) e que tamén merece a súa homenaxe. Vai unha idea para O Real Coro Toxos e Flores a para a Confraría da Semana Santa ferrolana. Homenaxeemos aos nosos grandes escritores en vida. Que tome nota a RAG.
Unha homenaxe a Ramón Loureiro xa.
Desculpen, pero eu, que son bo amigo de Ramón, non creo que el teña especial mérito ningún na organización da homenaxe a Ramiro.
Nin niso… nin en cousa semellante.
E estou seguro de que comparte as miñas palabras.
Ramón, que nin sequera é escritor, con independencia de que teña publicados un par de libros, colaborou modestisimamente nesta homenaxe. Na medida das súas forzas, pero nada máis.
Esta homenaxe débeselle, ante todo, á grandeza da obra de Ramiro, que fala por si mesma. E en segunda instancia a vostedes: aos verdadeiros lectores, que son os que lle dán vida aos libros.
Para vostedes si que pido unha homenaxe eu, miren…
A esa petición si que me sumo.
(E seguro que Ramón tamén)
P.D. Saúdos ao propietario deste blog, que esta mañá estaba na fermosísima homenaxe a Ramiro como o que el realmente é: un home que vive para Galicia, non de Galicia…
Un home que sabe -igual que vostedes, igual que Ramiro- que non hai no mundo maior grandeza que as dos corazóns.
Ah, Ramón! Pero que ben falas/escribes…