Préstamo e edición en galego
Nestas brétemas abordamos, seguramente con reiteración, a problemática que suscita na edición en galego a modalidade de préstamo dos libros de texto. Non vou abundar en argumentos nin en datos sobre a cuestión. Remito ás informacións aparecidas hoxe na maioría dos medios sobre a presentación que onte fixemos en Compostela dun informe clarificador realizado polo Grupo Psicom da Universidade de Santiago:
- “O libro pide auxilio. Editores e vendedores presentan un estudo para presentar o seu ‘risco de afundimento'”, El Pais Galicia.
- “A gratuidade rebaixou á metade a venda de libros de texto galegos”, La Voz de Galicia.
- “Redución do uso do galego nas aulas”, La Voz de Galicia.
- “O sector do libro alerta do risco de afundimento da edición en galego”, Faro de Vigo.
- “La gratuidad del libro de texto lleva a las editoriales gallegas a la crisis”, La Opinión da Coruña.
- “A gratuidade dos libros de texto afoga as editoriais en lingua galega”, Galicia hoxe.
- “Situación delicada pare el libro gallego por las ventas”, El Correo Gallego.
- “O sistema de préstamo de libros de texto afunde ó sector editorial en galego”, ABC Galicia.
- “Editores e libreiros galegos din estar vivindo ‘unha situación delicada'”, Vieiros.
Sobre a mesma cuestión tamén é interesante o posicionamento do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega.
1. Comparado
co resto do Estado, Galicia conta cun número reducido de alumnos
matriculados no ensino obrigatorio. A esta realidade de partida súmase o feito
de que, nos últimos anos, o descenso de alumnado en Galicia é tamén máis
acusado que no conxunto do Estado español.
2. A escasa extensión do galego nas materias que se
imparten no ensino obrigatorio. En diversos estudos previos constatouse que
nin siquera se ensinan en galego as materias que son obrigatorias por lei.
2bis. A castelanización do ensino galego
está a agudizarse nos últimos anos, tras a implantación do sistema de
gratuidade.
Na actualidade, só a metade dos centros de secundaria imparten en galego as
materias que por lei deberían ensinarse nesta lingua, pasándose dun ensino en
galego a un ensino do galego.
3. A crecente dificultade que percibe o propio
profesorado para a promoción do galego na escola infantil e primaria ante a
escaseza de materiais didácticos: 1 de cada 3 centros educativos carecen de
suficientes materiais educativos en galego.
4. Progresiva perda das axudas das
Administracións Públicas que o sector editorial de libros de texto en galego
está sufrindo nos últimos anos.
Estas son as catro razóns apuntadas como causas da baixada editorial. A primeira, demográfica. A segunda, relativa ao emprego do galego, como froito da escasa preocupación dos gobernos por desenrolar o decreto. Pero eso xa é de moitos anos atrás, moitos, e polo tanto a incidencia neste momento obedece a outros parámetros. A terceira, a percepción do profesorado, non é razón senón consecuencia de algo, que non aparece descrito no informe. E a cuarta, é un problema de falta de subvencións.
Con todas estas premisas, a gratuidade dos libros pon a puntilla, segundo o informe. Pero é que non só e gratuidade senón o depósito dos libros dun ano para outro o que dana a industria editorial.
DEsde un punto de vista non industrial, a solución da gratuidade (e do depósito) non ten por que perxudicar para nada o ensino en galego. A única pega é desde un punto de vista social, porque toma a todos os alumnos por igual, cando hai notables diferencias económicas entre eles. Esa é a única pega que lle vexo ao sistema. Polo demáis, non é a gratuidade a causa da debacle: han ser os outros factores apuntados, as causas. Outras tamén poden ser estructurais, pero iso convén tamén estudialas con maior detalle. Botarlle as culpas á gratuidade non é todo.
A min paréceme moi perigosa esa relación da cultura e maila educación coa gratuidade. Non nego o positivo da medida nos casos necesarios, claro, pero si que sospeito a qué nos arriscamos deixando que os mesmos nenos que pagan 60 euros -ou 600, o que vale unha PS3 -por un xoguete se afagan non gastar diñeiro en libros, sendo como somos tan apegados ó hábito e máis á rutina.