Portugalicia
O adianto da novela de Manuel Rivas en portugués provocou un interesante comentario en Periférica sobre a calidade da tradución e a proximidade entre as nosas dúas linguas.
Mañá agardo poder pechar a edición do que será o primeiro manual de portugués para galegos. Prepárao unha profesora portuguesa que fala un galego magnífico.
Quen dixo que vivamos virados de costas?
Cando, como, onde? E sobre todo, canto? Conteste primeiro á segunda pregunta!
Paréceme moi moi moi interesante iso. Moito, moito.
A principios do vindeiro curso, no mes de outubro, debe estar nas librarías. Refírese a iso?
Iso é o “cando”, o “como” e o “onde”. Falta o “canto”, pero iso mellor deixámolo para outubro 😉
Che, que curiosidade tenho por ver como é isso!
A professora nom pode ser outra que a Elisabete, ou estou enganada?
Certamente, fala bem melhor que muitos galegos. Dizer que a primeira vez que a vim pensei que era aluna e galega. Agora, que curiosidade e que ganas de saber como é o manual!
🙂
Pois, si; -)
…agardando por el, xa só falta saber se servirá tamén como manual de galego para portugueses.
Felizmente parece que já nos sabemos olhar nos olhos.
Ai, si, que ganas. Espero que o anuncies outra vez en outubro, por aquilo de lembrárllelo aos distraídos crónicos.
Na reunión decidimos titulalo: “Portugalizar”.
Galiza e Portugal sempre juntos!
http://portugalicia.atspace.com/