Queda alguén aí?
Actualización (7.1.07): Efectivamente, o documental pagaba a pena. Como xa fixera en Carrilanos, Rafael Cid, o seu director e guionista, consegue en cincuenta e cinco minutos un relato naturalista dunha comunidade campesiña onde latexan as enormes contradicións do noso tempo (a emigración e a inmigración, a vida subsidiada dos maiores, o abandono das actividades agrícolas tradicionais, a mudanza dos costumes, o envellecemento da poboación, o peche de escolas, a itinerancia dos cregos, o “turismo” dos enterros…). A construción dun formidable tanatorio de dúas plantas (valorado en 114.000 euros e pagado integramente coa tala dos piñeiros comunais) serve de metáfora e fío narrativo da historia dunha aldea que, inevitablemente, semella esmorecer, aínda que tamén emerxe a esperanza que alí outra vida tamén é posible. Mágoa que o documental fose emitido de forma case clandestina (supoño que haberá máis oportunidades de velo). Un exemplo de como é posible que as televisións públicas produzan espazos de calidade. Beizóns para Rafael Cid e a TVE Galicia.
Actualización (8.1.07): La Voz faise eco do documental, ao tempo que aparece a noticia do recurte da programación en galego e para Galicia de TVE. Que fai o Goberno Galego para denunciar semellante desfeita? Acaso non poden impedilo de algunha maneira?
Interesante. Vereino.
E grazas pola referencia, o link e o saúdo. Unha aperta
Pois polo que vexo non se lle esta pondo remedio, en poucos anos no rural teremos un deserto humano.
Extraído dun artigo de Jose A. Ponte Fer, que a súa vez sacouno de ¨Porca Miseria¨ de J. Berguer¨: ¨Despechar a experiencia campesiña como algo que pertence ó pasado e como algo irrelevante para a vida moderna, imaxinar que os miles de anos de cultura non deixan herdanza para o futuro, simplemente porque esta case non tomou forma de obxectos perdurables, seguir mantendo como se mantivo, que é algo marxinal á civilización; todo iso é negar o valor de demasiada historia e demasiadas vidas. NON SE PODE BORRAR UNHA PARTE DA HISTORIA COMO SE TRAZA UNHA RAIA SOBRE UNHA CONTA SALDADA¨.
No link que deixa o editor ás 11:30 poñen Panorama de la historia: “Historias de los antiguos egipcios”.
Efectivamente, trapos. É unha mágoa que non estea anunciado por ningures. A esa hora botan para toda España ese documental e desconectan en Galicia para emitir “Queda alguén aí?”. Podemos dicir que se trata dunha emisión case clandestina, razón pola que alertamos por este medio.
interésame!
Eu pensaba que queda alguén aí se refería a TVE-Galicia.
É certo. O da situación da TVE Galicia é tremendo. A proxección do documental pode ser o derradeiro canto do cisne do Centro Territorial de Galicia. Anuciábase hoxe a redución da desconexión a só media hora diara (ata agora dúas horas). Tremendo! Non sei que fan os nosos poderes públicos para impedri a desmontaxe deste servizo público. tremendo e desalentador, quen o dubida.
Tamén é tremendo o da precarización que está a ocorrer na CRTVG co silencio dos mesmos que crticaban antes e que critican o da Española.