Barbantia
O traballo do editor permíteme viaxar moito polo país sexa para presentar as nosas novidades ou sexa para contactar con autores ou colectivos que nos poidan achegar novos contidos. Unha experiencia que me permite ir coñecendo o tecido asociativo do eido cultural e literario, moito máis dinámico do que, xeralmente, se reflicte nos medios impresos e moito máis valioso do que, tamén xeralmente, recoñecen as diversas administracións (sexan as municipais ou a Consellaría de Cultura). Hoxe a promoción da cultura galega, fundamentalmente nas vilas e comarcas, non se pode concibir sen contar co traballo voluntario e xeneroso dos membros das asociacións culturais, ateneos e liceos recreativos (algúns animadísimos na súa actividade galeguista como os de Ourense ou do Saviñao).
Entre as asociacións culturais máis dinámicas que coñezo Barbantia é un dos casos máis destacados. Este grupo de amigos e animadores culturais de toda a comarca do Barbanza organizan conferencias, presentacións de libros, debates; promoven unha liña coidadísima de investigacións e de publicacións (libros e un formidable anuario de estudos), ademais dun mensuario en colaboración coa edición comarcal de La Voz de Galicia e un espazo de intercambio electrónico. O esforzo dos membros de Barbantia, como o doutros colectivos culturais do voluntariado, debe ser apoiado con maior xenerosidade e agarimo pola actual Consellaría de Cultura. Iso é o que vimos agardando dende que se produciu a alternancia no Goberno.

Etiquetas: Barbantia
Barbantia parece que ven de barbas e non de Barbanza, polo casi invisible número de mulleres que saen na foto.
Federica:
Eu son home, non teño barba mais estou nesa foto. Barbantia organizou en 2005 unha Semana da Cultura Galega Actual na que o lema foi “Muller e Cultura”. Todas as intervenientes nas xornadas foron mulleres: mulleres da política, mulleres da cultura popular, mulleres da música, mulleres da literatura,… que expresaron as súas inquedanzas e esixiron que cómpre pagar a débeda histórica adquirida coas mulleres deste país.
Se cadra, moitas mulleres deixan de participar das ideas que xermolamos os que botamos as primeiras sementes de Barbantia porque traballades máis, coidades máis aos fillos, estades máis pendentes da familia, etc. Todo iso debe saber solucionalo a sociedade no seu conxunto, pero coido que o teu comentario foi bastante gratuíto.
Tes as portas abertas a Barbantia. A páxina web é http://www.barbantia.org.