Votar polo cambio

Teño un disgusto enorme polos inxustos e desproporcionados ataques que está recibindo Suso de Toro (unha persoa honesta e xenerosa onde as houber) a raíz do manifesto que se fixo público onte. Non entendo a que vén a posición do profesor Losada.
Tratar de apoiar unha corrente de cambio, promovendo a participación do electorado nacionalista e progresista (sensible a adoptar unha posición abstencionista diante da innegable febleza da alternativa que se lle propón) non é, nin moito menos, apostar polo voto ao PSdeG-PSOE (como argumenta Losada); é, simplemente, a estratexia posible para impedir un novo triunfo de Fraga. Que cadaquén vote a quen mellor considere, en función das súas conviccións ou da valoración que faga da oferta electoral presentada por cada un dos dous partidos (candidato, listas, programas…). Ou é, que agora, non estamos de acordo en que o fundamental é abrir unha nova etapa política tras dezaseis anos de gobernos de Fraga Iribarne?
Canto máis falo coa xente coa que teño relación, palpo maior desolación e impotencia. Sen embargo, como son un optimista da vontade, creo que non é este o momento de pecharlle as portas á esperanza. Unha apreta fraterna para Suso de Toro.
9 comentarios
  1. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Losada le ha prestado un inestimable servicio a Fraga. Su pataleta produce la lamentable sensación de que la colaboración entre el PSdG y el Bloque va a ser muy, muy difícil. Habrá gente que piense que, si se ponen así por una nimiedad, qué no ocurrirá para llegar a un acuerdo de gobierno…

  2. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Non teño nada nin contra Suso nin contra Losada, nin contra ti, de paso. Nesta polémica, interesante non electoralmente, máis si desde un perspectiva crítica -a dos que lemos e ouvimos aos intelectuais e temos dereito a criticarvos-, eu póñome do mesmo lado de sempre.Son nacionalista e como tal gustaríame ver aos intelectuais galegos comprometidos con este país e coas súas forzas políticas própias. Non son piñeirista como seica é Leiceaga. Estou a favor dun goberno de coalición BNG-PSOE ou viceversa en función dos resultados, pero recoñezo que o fago tapando os fociños. Ou é que agora, nestes tempos de tan “buen rollito” de 21 alternativas nos imos a esqucer do teu Venturita ou do meu Paco Di Niro Vázquez. Gustariame atoparvos a todos -ben, a algún xa sei que non- os asinantes a carón de Quin, sen por iso ter que desprezar publicamente a Touriño.¿É tan dificil dicir publicamente: QUEREMOS UN CAMBIO GALEGO, CONDUCIDO POLO NACIONALISMO. QUEREMOS UNHA RELACIÓN DISTINTA DO NOSO PAÍS CO ESTADO. APOIAMOS UN CAMBIO QUE DESALOXE AO PP DO PODER. QUEREMOS QUE A CIDADANÍA GALEGA TOME AS RENDAS DO SEU FUTURO. E QUEREMOS QUE SEXA XA. NÓS VOTAREMOS BNG.
    ¿tan difícil é? ¿Ou é que aniñan dúbidas nos vosos corazóns?¿Vai viro cambioco PSOE? A calculada ambigüedade do manifesto, para non ferir susceptibilidades o único que consegue é potenciar o voto que todos os media están amosando como útil. Xa sabemos cal é.Desdes eses punto de vista entendo a postura de Losada.

  3. hojasdehierba
    hojasdehierba Dice:

    Non sei a vostedes, pero a min prodúceme moita preguiza o ter que estar medindo sempre quén é máis galeguista que quén, ou censurando as palabras do outro, dicindo que non dixo o que tiña que dicir (e o que tiña que dicir é sempre o que quere o que fala, claro…)
    Está ben que a Anonymous queira ver “aos asinantes” a carón de Quin… pero iso terán que decidilo os asinantes, supoño… Tamén me parece un pouco raro pedir pronunciamentos públicos cando un escribe baixo un seudónimo tan explícito como o de Anonymous.
    A ver se algún día cambia algo, pero de verdade. Fundamentalmente, o respecto polos outros.
    Saúdos e unha aperta para Suso e todos os que se viron atacados por expresar o que pensan como lles da a gana.
    Hai Cada

  4. Anonymous
    Anonymous Dice:

    gustaríame desde aquí darlle unha aperta moi forte a suso. merécea coma ninguén e dubidar do seu compromiso con este país é de necios.

  5. Cesare
    Cesare Dice:

    Non sei se hai xente máis quintanista ca min
    A min tamén me gustaría escribirme con ZP
    En realidade, tamén me gustaría escribirme con Gallardón, por exemplo.
    Máis ca ningún, gustaríame escribirme con Suso de Toro.
    Pregunteille a Brétemas se se podía asinar ese manifesto. Supoño que agora hai unha vacante, 😉

Los comentarios están desactivados.