Unha chamada que non chega

Non acabo de comprender como é posible que Rubén Ruibal non fora felicitado aínda pola Conselleira de Cultura ou polo Director Xeral de Creación Cultural ou por calquera outro membro do Goberno galego (Si o foi polo Ministro de Cultura e polo Director Xeral do Libro). Todo unha torpeza, que agardo sexa retificada decontado. Aínda que non hai noticias sobre a representación da obra premiada, e a pesar que existía un compromiso nas bases do premio Álvaro Cunqueiro de representala nun prazo inferior aos dous anos (xa superado), polo menos nestes días e despois da noticia do Nacional moveuse unha esperanzadora posibilidade de que sexa adaptada como telemovie.

Actualización (27-10-2007): “Silencios”, unha anotación moi clarificadora en Alicia Crece.

Etiquetas:
4 comentarios
  1. Anonymous
    Anonymous Dice:

    PD.(11.38, 26/10/07): Na medida do posible (que agora é pouco), rectificar algunha das queixas salsarosa que botei polo mundo adiante. Acabo de recibir un agarimoso telegrama de felicitación da direción e persoal do IGAEM. Moitísimas gracias, e noraboa a vós pola parte que vos toca.

    (Rubén Ruibal no seu blogue: http://aliciacrece.blogspot.com/)

  2. ARUME DOS PIÑEIROS
    ARUME DOS PIÑEIROS Dice:

    Alégrame pensar que a miña proposta poda ser realidade:

    “Pola miña banda, só podo recomendalo vivamente e que, por pedir que non quede, sexa levado canto antes ás táboas ou (que me perdoe R. R.) á realidade viva tamén dun set televisivo ou cinematográfico.”
    Pero o que di o post de hoxe de R.R. complica as cousas.

  3. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Non vos estrañedes…O talibán Luis Bará & company son especialistas en politicas ignorantes e sectarias…só hai unha palabra para definir a política cultural do bloque nesta lexislatura: DECEPCIONANTE. Preguntade…preguntade ós escritores, ilustradores e pintores galegos que non “militan”…

  4. Anonymous
    Anonymous Dice:

    O anterior goberno adoitaba mandar telegramas de felicitación, dou fe. Este non o fai, tamén dou fe. Iso non quere dicir que bote a faltar os outros, pero é así de triste. Unha cuestión de boas maneiras.

Los comentarios están desactivados.