Todos e todas con Agustín

Mañá sábado,13 de marzo, a partir das 13:00 horas no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra celebrarase a homenaxe a Agustín Fernández Paz que lle tributa o Salón do Libro de Pontevedra. Durante todo o Salón estivo instalada unha exposición que percorre a traxectoria autoral de Agustín durante dúas décadas e recrea o ambiente dalgunha das súa sobras máis significativas. No acto de homenaxe intervirán o escritor Xabier DoCampo e os músicos Mini e Mero. Animamos a todos os amigos e amigas de Agustín Fernández Paz a acudir a Pontevedra na mañá do sábado para manifestarlle a nosa admiración e agradecemento polo conxunto da súa obra.

1 comentario
  1. lokita de Padrón
    lokita de Padrón Dice:

    O laboratorio do doutor Nogueira é interesante. Teño ganas de ler mais libros de Agustin Fernández Paz pero que sexan de risa ou de acción, aínda que era moi chulo. Poderia ser mais creativo pero moi ben feito, un aplauso.

Los comentarios están desactivados.