Todo nada dous

A miña axente literaria favorita mudou de casa. Quedoulle ben bonita e ordenada. Hoxe tamén estará ben contenta polo artigo de Galicia hoxe. Concordo con ela en que os blos son un soporte e non un xénero literario. Ela e Cesare son os responsables da miña adicción a este soporte. Beizóns para os dous.
2 comentarios
  1. María
    María Dice:

    Alégrome de que che guste a nova casa. O do GZ Today non ten mérito, que quen o escribiu é amigo meu ademais de protexido literario, así que sabe como facerme a pelota pola conta que lle ten.

    Beizóns para ti. 🙂

  2. Martin Pawley
    Martin Pawley Dice:

    E ademais de amigo de María e bon escritor, o que escribiu iso no GZ Today é da Gaiteira, razón suficiente para telo en alta estima 😉

Los comentarios están desactivados.