"Todo é silencio", a presentación do Couceiro

Couceiro from Fernando Lema on Vimeo.

Eis o magnífico vídeo que preparou Fernando Lema do acto da presentación o pasado 14 de outubro na praza de Cervantes de Todo é silencio de Manuel Rivas, organizado pola Libraría Couceiro. Iria Peña canta o fado «Chaves da vida», acompañada nas guitarras por Miguel Ladrón de Guevara e Gastón Rodríguez.

2 comentarios
  1. JM Otero Suárez
    JM Otero Suárez Dice:

    Pareceume una magnífica idea a combinación de presentación dun libro co seu autor, una guitarra e unha fermosa voz na rúa, rodeado o escenario polo marco da xente que acudía a presentación do libro pero tamén da que pasaba por alí. Por suposto que Manuel Rivas, o autor do libro, é o maior reclamo para pararse a recoñecerlle, alomenos uns momentos, o grande papel que está a facer na literatura da nosa Terra e por suposto nos numerosos actos nos que se implica e comenta publicamente nos diversos medios de comunicación nos que participa, o que nos permite ver, valorar e recoñecer os valores literarios e persoais que ten. O libro “Todo é silencio” agradable relato de lectura no marco do mar de Galicia.

  2. Santiago Escandón
    Santiago Escandón Dice:

    Escrevo desde Lisboa, cidade onde moro. Muitos Parabéns pelo lançamento do livro, mas mais parabéns ainda pela linda voz e magnífica interpretação da cantora Iria Peña. Na Galiza também se cantou o Fado!!

Los comentarios están desactivados.