Está vendo o arquivo da categoría » #xerais11

#Xerais11

bretemas —  12 de Xuño de 2011 — 18 Comentarios

Esta foi a fin de semana dos Premios Xerais. No blog da editorial fixemos xa anotacións abondas sobre un serán que resultou intenso, interesante e festeiro. A grande novidade deste ano foi, sen dúbida, a irrupción de Twitter. No hastag #xerais11 pode seguirse todo o que se dixo e a conversa que se mantén aberta. O agarimo de todos os amigos e amigas que participaron e a inxección de optimismo que nos contaxiaron son, nestes tempos difíciles, moi de agradecer. Beizón para todos e todas!