Marabilla este mapa de Noelia Gómez, utilizando ThingLink, que recupero do blog de Carlos Callón, para festexar o día da poesía. A localización das gravacións realizadas para a videoteca da AELG conforma un impresionante mapa das e dos poetas de Galicia. Iniciativas coma esta ou coma o poemario electrónico de Fran Alonso poñen en valor esta efeméride para a poesía galega. Beizón!
Artigos

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é editor e mestre. Na actualidade, profesor do CEIP Lope de Vega de Vigo, foi Director Xeral de Edicións Xerais de Galicia S.A., dende o mes de xaneiro de 1994 ao de abril de 2018, empresa na que traballou dende 1990.