Está vendo o arquivo da categoría » acto_de_primavera

«Do voltar» é o título desta magnífica nadaliña cinematográfica que Víctor Hugo Seoane preparou para o blog «Acto de primavera». Lembremos que o pasado ano a nadaliña foi esta peza de Carla Andrade, en 2012  a de Eloy Domínguez Serén e no 2011 a de Xurxo Chirro. Parabéns a Martín Pawley, Xurxo González e José Manuel Sande, responsables do blog, por poñer en valor a creación audiovisual neste eido, algo aínda pouco frecuente na cultura galega.