Que idioma fala a Feira do Libro da Coruña?

Acabo de recibir na miña caixa de correo este programa en pdf da Feira do Libro da Coruña acompañado dun correo no que se anuncia a creación dun grupo de seguidores da feira en Facebook e se anima aos “amigos da literatura” a participar nas actividades con estas palabras: “Este año la Feria del Libro de A Coruña se consolida como la más importante de Galicia y prueba de ello es la presencia entre nosotros de autores como Espido Freire, Lola Beccaria, Marta Rivera de la Cruz, Javier Saez de Ibarra, Ignacio del Valle y Luis Sepúlveda; además de nuestros queridísimos autores: Manuel Rivas, Carlos G. Reigosa, Xavier Alcalá y otros muchos que podéis encontrar en el programa de actividades que adjunto.”

Ben sei que debe existir unha edición do programa en galego (non pode ser doutra maneira), porén paréceme un importante retroceso que fose a versión en castelán a utilizada de forma “preferente” polos organizadores para comunicar as actividades previstas. Comentario á parte merece a diferenciación sutil que na comunicación se establece entre uns autores e outros (“nuestros queridísimos autores”),  que amosa as categorías prexuiciosas coas que traballa quen así o escribe.

Non teño dúbida de que na Feira do Libro da Coruña o noso idioma e a nosa literatura deben de ocupar un lugar preferente, tanto nos fondos bibliográficos, nas actividades como na comunicación co público. Sen dúbida, iso salientará mañá Miguel Anxo Fernán Vello, o pregoeiro do evento. Ao longo da semana estaremos nos Cantóns e daremos conta das nosas impresións.

Actualización (14:15 horas): Responsables da Federación de Libreiros de Galicia fixéronme chegar as desculpas por esta comunicación, «atribuíble a un erro que xa foi subsanado, tamén na páxina de Facebook». Os responsables da organización da feira reiteráronme o seu compromiso coa lingua galega, idioma oficial da Federación de Libreiros de Galicia, reiterando que o programa impreso desta feira, como do resto das que eles organizan, aparece publicado só en galego. Rectificación oportuna que moito agradecemos.

6 comentarios
  1. Danilo
    Danilo Dice:

    Claro ho, hai que comprendelos tamén, non vaia ser que Martita Riverita de la Santísima Crucecita de Nuestro Señor vaia facer mala publicidade de Feira en Madrí. Se o poñen todo en galego igual os chama nacionalistas ou algo pior.

    Ánimo que queda moito por aturar (desembarco dos segundóns -ou mesmo terceiróns- das letras castelás incluídos)

  2. Eva
    Eva Dice:

    Paréceme lamentable o texto do programa. Dáse a entender que a feira é importante grazas á presenza de autores en castelán, mentres que os nosos “queridísimos autores” deben de estar aí para facer vulto, non sei. Isto non fai máis que apuntalar certos prexuízos.

  3. Syldavija
    Syldavija Dice:

    Danilo e Eva, xusto iso ìa comentar. Incluso en galego, a orde seguiría a ser a mesma. De seguirmos unha orde xerárquica, de la Cruz nin aparecería na post data.

Trackbacks y pingbacks

  1. […] de Marcelino Fernández Mallo (’Mayo’ erroneamente no programa da Feira, para máis dar que falar neste ano sobre a sensibilidade lingüística da organización), non foi de menos calado. […]

  2. […] de Marcelino Fernández Mallo (’Mayo’ erroneamente no programa da Feira, para máis dar que falar neste ano sobre a sensibilidade lingüística da organización), non foi de menos calado. […]

Los comentarios están desactivados.