Os previsibles argumentos de campaña

No Taboleiro do Colmeiro debúllanse as argumentacións que previsiblemente (ao fío dos textos que manexa a SXPL) serán utilizadas na campaña publicitaria sobre o Decreto de Plurilingüismo, na que a Xunta gastará un millón de euros.

Semella que todas elas incidirán na idea xeral de que o decreto fomenta o uso e a aprendizaxe do galego, tratando de que cale na cidadanía o seu carácter equilibrado e sensato, respectuoso coa lexislación, fronte ao extremismo das posicións que o critican, ás que se lle recriminará «que continúen pretendendo impoñer o galego».

Máis alá de que nos imaxinamos que a campaña, polo seu elevado orzamento, debería ter unha boa factura visual e capacidade comunicativa, ben será que vaiamos tomando boa nota devagariño das liñas argumentais para desmiuzar o que se agocha detrás de cada unha delas. Para isto, collemos o fío da anotación de Colmeiro (a quen reiteramos o noso agradecemento polo seu texto):

  1. Insistirase en que «cando o idioma maioritario da aula sexa o galego, en educación infantil as clases impartiranse nesta lingua», porén agocharase que, no caso contrario,  será o castelán, como tampouco se informará sobre o procedemento ideado para realizar a pregunta ás familias sobre a lingua que falan os picariños.
  2. Salientarase que «en todas as etapas, coa excepción de infantil, o galego deberá ter unha presenza horaria semellante á do castelán», porén agócharase que coa posta en vigor do decreto o galego reduce significativamente a súa presenza no horario escolar de todas elas e, pola contra, o castelán aumenta en todas elas.
  3. Subliñarase que «en Primaria e Secundaria se impartirán en galego áreas que esixen un importante desenvolvemento das competencias de comunicación oral e escrita», porén, agocharase que as matemáticas, a tecnoloxía e a física e química non poderán ser impartidas en galego, a pesar de seren área claves para a desenvolvemento, entre outras, das competencias matemática, dixital e de aprender a aprender.
  4. Insistirase en que «o decreto establece que deberá procurarse que o alumnado utilice o galego nas materias que se impartan nesta lingua e que os libros de texto e restantes materiais tamén deberán estar en galego», porén agocharase que o alumnado poderá utilizar nas manifestacións oral e escrita a lingua oficial da súa preferencia, abrindo unha perigosa fenda á autoridade do profesorado na aula e introducindo un importante prexuízo sobre a utilidade do galego no eido académico.
  5. Lembrarase que «todos os centros deberán desenvolver un programa de fomento do galego elaborado polo equipo de dinamización da lingua galega», porén agocharase o cambio de denomización dos Equipos de Normalización Lingüística e a redución orzamentaria realizada das partidas destinadas para a realización destas actividades nos centros.

Entendo que, ademais de ferramentas tan útiles como as proporcionadas pola Coordinadora Galega dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, é moi importante continuar realizando ese traballo de análise argumental. A defensa do fomento do galego e dos nosos dereitos lingüisticos é un combate cívico que sabemos se libra só coa forza poderosa e paciente das palabras.

10 comentarios
  1. Norberto
    Norberto Dice:

    No importa tanto que los argumentos sean los que ud menciona como que al respecto no tengan los políticos responsables el valor suficiente para acordar un decreto sensato y en una sola dirección. La política autonómica es errática por culpa de los excesos nacionalistas y por el afán de los partidos nacionales de concordar con los postulados de los galleguistas. La solución pasa por tener claro que queremos para nuestros hijos y lo más importante qué somos y dónde estamos. Es un absurdo que en España una región se desmarque del resto del país y eduque en un idioma que no sea el común. No tiene sentido. El gallego debe estudiarse como asignatura, pero jamás ser utilizado como lengua vehicular. Si quieren gallego 24 horas proclamen la independencia de Galicia.

  2. Un nativo
    Un nativo Dice:

    O señor Norberto parece esquecer que desde 1978 mudaron as leis en España e xa non están en vigor as normas uniformadoras da ditadura. Existe unha Constitución e un Estatuto de Autonomía que, mentres estean vixentes, van na dirección contraria da que este señor indica.
    Que no sistema educativo estea presente o galego só como materia, tal como este home e os de GB desexarían, implica darlle á lingua propia deste país, cooficial co castelán, o tratamento de lingua estranxeira. E condenar as persoas que temos o galego como lingua habitual a vivirmos unha cidadanía de segunda. Curiosa democracia, asentada na represión lingüística dunha parte da poboación!
    “Si quieren gallego 24 horas, proclamen la independencia de Galicia.” Segundo este bo señor, os que temos o galego como primeira lingua debemos afacernos a vivir subordinados, como os negros USA antes da loita polos dereitos civís. Ou centralismo ou independencia! Aló vai a Constitución e o Estatuto. E logo chaman “intransixentes” e “impositores” aos cidadáns que non agachan a cabeza e deciden reclamar un estatus de cidadán igualitario.
    Claro que sempre queda a “solución final” para estes tozudos que, tendo plena competencia na que Norberto chama “lengua común” (curiosa denominación, que non figura en ningún texto legal) se empeñan en usar publicamente a lingua propia de Galicia. O que pasa é que agora iso non se leva, polo menos en Europa, así que sería mellor buscar fórmulas democráticas de convivencia. Algo que non logaremos se prosperan as ideas represoras de Norberto. Que lle imos facer!

  3. o taboleiro
    o taboleiro Dice:

    Grazas por botarlle un ollo ao noso blogue, e tamén por explicar esas catro cousiñas, por certo, moito mellor do que o fixéramos nós.
    Do que non estamos tan seguros é de que estes argumentos certos cheguen moi lonxe, quen ten a máquina dos ventos que difunden as ideas son o goberno e os medios dirixidos pola zunia.

  4. dfsda
    dfsda Dice:

    fascistas: para imponer vuestra utopia reaccionaria y ultraideológica de la prohibición del uso del español a todos los profesores y alumnos, en todas las materias, en todos los centros educativos, en todas las areas sociolinguísticas(que no otra cosa defendéis) hay que ganar las elecciones y no ser solo un 15% de gallegos, que es lo que sois y los abeis, por eso le teneis fobia a la participaciónd elos padres y a la libertad de los alumnos.

    Logico que defienda esto quien quiere que su cuenta corriente aumente gracias al aumento de los patriotas que compran libros solo en gallego

  5. dfsda
    dfsda Dice:

    ¿Los derechos linguisticos en educación son solo de los cuatro puiojosos hispanofóbicos? No, verdad? Los derechos linguisticos en el sistema educativo son TAMBIEN de los gallegos que tiene como lengua propia el ESPAÑOL, pero los neofachas quienen una Galiza so em galego con prohibiciones de uso del español en las escuelas, y con inmersión obligatoria monolingue en las escuelas

  6. A.C
    A.C Dice:

    Sr/Sra. dfsa: Non se cabree tanto. En este blog ni hai fascistas nin nada de eso. O seu autor (D. Manuel Bragado) e un home democrata, transixente , e moi “normal” .Eu teño discrepado con el moitas veces, e non pasa nada. Aki escribese libremente. Vostede ten razon en algunhas cousas, e os k pensan de outra maneira, teñen razon en outras. Asike o dito, calma e mesura k andan os tempos moi revoltos . Un saudo dende Coruña

  7. Un nativo
    Un nativo Dice:

    Ademais de calmarse, como lle recomenda A.C., o tal “dfsda” debera saber que as ideas deféndense con argumentos, non con insultos baratos. Se por riba se basea en mentiras, como o pretendido “odio ao español”, que só está na súa imaxinación (que vostedes odien o galego, non quere dicir que suceda o contrario), o certo é que o seu escrito resulta patetico. Sobre o que vostede chama “liberdade de pais e alumnos”, remítoo as reiteradas sentenzas do Tribunal Constitucional. Por certo, ¿iso de fascistas ultrareaccionarios e ideolóxicos non o escribiría despois de se mirar no espello?

  8. dfsda
    dfsda Dice:

    Pateticos son los que defienden una Galiza monolingue son en galego, fanaticos monolingues en galego que necesitan que por lo menos el 75% de los gallegos sean y hablen como ellos, los que no aceptan sinceramente a los gallegos que hablamos español, y están obsesionados por un sistema educativo de pensamiento y opción única que impida el uso del español en todos los centros, en todas las materias, para todos los alumnos y proferores.

    Vuelvo a preguntar: ¿derechos lingüísticos semejantes para alumnos y profesores castellanohablantes y gallgohablantes, sí o no? ¿Qué entendeis por derechos lingüísticos? Lo mismo que el ultra Callon, esto es, solo para los gallegohablantes?

    A los enemigos de O Povo Galego é quen mais ordena como vostros, seudo populistas que le teneis fobia a que O Povo galego pueda votar y opinar porque sabeis que sois una minoria marginal , habia que echaros a palos de Galicia por enemigos de la participación popular. Os sentís kamaradas de los castristas de la UPG, esos que se llenan la boca con la participación popular”, pero mientras el piueblo no piense como vostros, habeis demostrado no hacerle ascos a pedir ayuda de Tribunales “burgueses” de Estado español que odiáis para impedir la participación popular a toda costa.

    Lo dicho: os jode que los alumnos puedan usar el gallego…y el español, y que la obligación de dar ciertas clases en gallego tambien vaya acompañada de dar otras clases.. en español. Lo que quereis es que solo los padres bloqueiros y las elites tecnocraticas de la CIG elijan libremente: todo Dios a hablar, escribir y leer solo en gallego.

    Ni siquera tenéis valor para defender abiertamente ante O Povo Galego lo que os obsesiona: el modelo de inmersión 100% monolingüe obligatoria.

    Por eso es ilegal que en Euskadi haya dese hace 30 años un modelo de tres opciones linguísticas a elegir por las familias, no? Las leyes del Estado Español no impiden el sistema vigente en Galicia, que cumple el porgrama formal de la UPG (“garantir a participación de O Povo na planificación educativa”, vease en su web, programa cultural). Ya nos reiremos más cuando los recursos de enemigos de la democracia que quieren ganar en los despachos lo que no ganan en las urnas fracasen: las sentencias del TC solo dicen que es tan constitucional que un gobierno implemente un modelo como otro. Sabeis que no va a prosperar vuestro recurso para prohibir la participación de padres y madres, que es plenamnete constitucional.

    Esto no es vuestra adorada Cuba dirigida por la vanguardia autoelegida, se siente.

    Y el dueño de esta web tiene conectado su cerebro a su cuenta en el banco: lo que quiere es fabricar consumidores de libros en gallego.

    No os gusta todo esto? muy sencillo: vuestros hijos podran hablar, leer y escribir libremente en gallego y tendran la mitad mas interesante y de mas vocabulario de las asignaturas con docencia en gallego. Si lo que quereis es centros 100% libres de español: montandlo y pagadlo de vuestro dinero.

  9. Un curioso
    Un curioso Dice:

    ¡Ui, que mal está este señor! ¡Cantas mentiras en tan pouco espazo! ¿Non sabe que é malo irritarse tanto? ¡A ver se lle vai dar algo!

Trackbacks y pingbacks

  1. […] This post was mentioned on Twitter by Manuel Bragado, Kiko Chevarria. Kiko Chevarria said: Os previsibles argumentos de campaña do millón de € para vender o Decretazo Plurilingüismo http://goo.gl/z4zP (Vía Bretemas) […]

Los comentarios están desactivados.